Setembro de 2014
 
 

NÚMERO 242 - 22/09/2014

   CUTUDC / Novidades

  O BARRIO BURGALÉS SEGUE MOBILIZADO
 

Os veciños de Gamonal non deixan que os toureen

O barrio burgalés de Gamonal, coñecido polas protestas do pasado mes de xaneiro, volve á carga. Nesta ocasión, o motivo foi a remodelación da praza de touros do Plantío, adxudicada por máis de 5,5 millóns de euros á Unión Temporal de Empresas formada por Sacyr e Río Vea. Esta última é propiedade do empresario Antonio Miguel Méndez Pozo, quen tamén é propietario de, entre outras empresas, MGB, adxudicataria das polémicas obras no bulevar de Gamonal e que finalmente suspendeu a férrea oposición veciñal.

 

  • Noticias relacionadas

Na mañá do pasado venres, centenares de persoas reuníronse nunha asemblea celebrada na Praza Maior de Burgos, fronte ao Concello, para poñer en común propostas para frear o que definiron como o "último mega-proxecto multimillonario" do equipo de Goberno que dirixe o conservador Francisco José Lacalle.
 
O acto foi impulsado pola Asemblea de Gamonal, a mesma que conseguiu paralizar a construción do bulevar no barrio, que animou a sumarse a todos os burgaleses que queiran achegar algo á súa loita e, como eles, ter "a ilusión de sentirnos cidadáns de Burgos e non simples contribuíntes".
 
Manuel Alonso, unha das cabezas visibles deste movemento asembleario, sinalou a InfoLibre que é unha obra "totalmente innecesaria" e que "hai outras necesidades que facer na cidade". Nese sentido, recoñeceu que a praza de touros está en mal estado dende hai tempo, e criticou que o diñeiro desta "remodelación" non vaia destinado a unha "transformación dos servizos, bancadas ou chan", senón a facer unha cuberta sobre a praza que deixa intacta a súa estrutura. Ademais, apuntou que a praza se utiliza só "tres ou catro días ao ano", polo que ese diñeiro se podería investir, por exemplo, en infraestruturas para os equipos de fútbol e baloncesto da cidade que, segundo Alonso, se encontran nunha difícil situación.
 
A terceira oferta máis cara
Ao anterior, súmase unha das críticas centrais do movemento: a oferta da UTE Sacyr-Río Vena non era a máis barata, senón a terceira máis cara das seis presentadas a concurso. Entre a oferta máis económica, feita por Fomento de Construcciones y Contratas, e a adxudicataria, hai unha diferenza de case 800.000 euros.
 
Alonso explicou que a Asemblea de Gamonal, ao igual que outros veciños, levaron preguntas ao pleno deste venres para que o alcalde dese explicacións por todo o relacionado con este proxecto. Os concelleiros de oposición tamén tiveron que esperar á quenda de rogos e preguntas, xa que este asunto non se incluía entre os puntos da orde do día. O alcalde non respondeu ningunha destas preguntas "porque non ten razóns", subliñou Alonso.
 
INFOLIBRE.

 

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript