Setembro de 2014
 
 

NÚMERO 242 - 22/09/2014

   CUTUDC / Novidades

  DESAFIUZAMENTO EN COMPOSTELA
 

A CUT esixe a inmediata posta en liberdade do compañeiro detido esta mañá en Compostela

A detención produciuse mentres o militante da CUT participaba nunha cadea humana que tiña como obxectivo impedir o desafiuzamento dunha familia obreira do barrio compostelán de Aríns.

 

  • Noticias relacionadas

A Central Unitaria de Traballadores/as esixe a inmediata posta en liberdade do seu compañeiro, detido esta mañá mentres participaba nun acto de lexítima resistencia popular fronte á ofensiva depredadora do Capital.
 
O dereito á vivenda, recoñecido na propia Constitución Española, é conculcado de feito cada día no estado español por xuíces e policías que actúan como unha simple ferramenta de control e opresión de clase ao servizo dos intereses dunha minoría, a do gran capital financeiro. Ante esta situación, as accións de autodefensa e resistencia popular, como a de Aríns de hoxe, son completamente lexítimas e necesarias.
 
A CUT esixe, así mesmo, a inmediata posta en liberdade do resto das persoas que participaron no acto de solidariedade e resistencia popular.
 
VIVA A LOITA OBREIRA!
 
Última hora, o compañeiro detido foi posto en liberdade.

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript