Setembro de 2014
 
 

NÚMERO 242 - 22/09/2014

   CUTUDC / Novidades

  SANIDADE PÚBLICA - A CORUÑA
 

Apertura inmediata das camas pechadas no verán!

O día 16 os traballadores da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña concentráronse na rotonda de acceso ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña para reclamar á xerencia que se reabran as camas pechadas durante a tempada de verán, un total de 210 repartidas entre o Hospital A Coruña, o materno Teresa Herrera, o Abente e Lago e o Sanatorio Marítimo de Oza.

 

  • Noticias relacionadas

Na protesta, Miguel Cacheiro, presidente da comisión do Chuac, considerou que «non é nin moral nin ético» manter as camas pechadas «cando a lista de espera está a aumentar» e mostrou as súas dúbidas acerca da intención da xerencia «de ir abríndoas en función das necesidades que considere a propia xerencia». Segundo sinalou, os representantes dos traballadores non foron notificados de que se recuperaron para a actividade ningunha das prazas, aínda que o hospital asegurou que unha planta se reabriu onte, día 15, mesmo e que se irán pondo en marcha as restantes de forma paulatina.
 
A comisión de centro aproveitou para reclamar tamén maior dotación de persoal en Urxencias, en concreto coa incorporación de dous celadores para a quenda de noite.
 
La Voz de Galicia

 

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript