Setembro de 2014
 
 

NÚMERO 242 - 22/09/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Inicio das celebracións dos 25 anos da UDC

O pasado día 19 realizouse o primeiro acto dos programados para a celebración dos 25 anos da institución. A este primeiro acto asistiu o máis rancio da sociedade galega e local, entre os participantes estaba o presidente da Xunta e unha chea de persoeiros algúns deles vinculados á operación denominada Pokemon (Pikachu na Coruña) contra a corrupción.

 

  • Noticias relacionadas

Un grupo de traballadoras e traballadores da Reitoría, advertidos desta circunstancia, e para que quedara constancia do noso desacordo coas políticas de recortes e o noso rexeitamento aos corruptos reunidos no Paraninfo da Reitoría da Universidade, despregamos a pancarta unitaria, na praza da Reitoría, de onde fomos desaloxados pola policía que só nos permitiu facelo na porta de entrada ao recinto, alí agardamos a entrada de todos os “convidados”.
 

 
Se sempre sobran os actos coa ostentación do realizado o pasado venres, no que @s VIP presentes non lles faltou de nada,  máis na situación económica na que di estar a UDC.
 
Mentres que unhas dez traballadoras e traballadores protestabamos contra os recortes, o Reitor, nun discurso carente de críticas, agradecía ás institucións o apoio mostrado e pediu á Administración "o apoio co que contaron até agora". Para o reitor todo vai ben.
 
Somos belixerantes contra todo o que representaban a maior parte dos presentes nese acto que transcende o académico para transformarse nun acto a maior gloria das poltronas alí representadas, todo elo con diñeiro de tod@s @s traballador@s da UDC que acabaremos pagando a festa, ben con recortes ou con restricións.
 
Pensamos que a presenza da caterva que se deu cita na Reitoría fai necesaria a desinfección das instalacións.

 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript