Setembro de 2014
 
 

NÚMERO 241 - 15/09/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

A taxa de reposición

Moi mal teñen que estar as cousas na educación pública e, por extensión, nos servizos públicos cando o propio presidente do goberno da comunidade autónoma de Galicia reclama ao goberno central a superación da taxa de reposición situada, agora, no 10%, mesmo o propio conselleiro de educación entende que debería ser, como mínimo, do 50%.

 

  • Noticias relacionadas

Segundo indicou o propio Feijoo, se ben durante un tempo o límite de reposición regulado polo Goberno era "razoable", agora o seu Executivo entende que é preciso "subir do 10% de capacidade máxima de contratación" no ámbito da docencia. "Veremos en todo caso na regulación básica que é o que autoriza o Goberno central"
 
Neste mesmo sentido, segundo sinalan os medios de comunicación, o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, desvelou que "en días pasados" se dirixiu ao Ministerio de Facenda, dirixido por Cristóbal Montoro, para reclamar unha variación na taxa de reposición de profesorado para evitar un incremento exponencial da interinidade, que en Galicia "non" é tan alto en relación con outras comunidades".
 
"Está taxa teñen que ser como mínimo do 50% ou moi por enriba da actual", demandou o titular da Administración educativa galega.
 
O sinalado por ambos membros da mafia dos recortes non é máis que o recoñecemento de que, coa taxa de reposición actual, non se pode garantir a prestación do servizo público na educación. A pregunta que xurde a continuación é a de que, se cunha taxa de reposición do 10% non se asegura esa prestación, nós, o PAS da universidade, cunha taxa de reposición do 0%, que servizo a comunidade podemos garantir?.
 
Esiximos aos gobernos central e autonómico que a paralización das políticas de recortes e que prioricen as políticas que convertan aos servizos públicos en eficaces ferramentas que dean resposta, as necesidades da cidadanía.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript