Setembro de 2014
 
 

NÚMERO 241 - 15/09/2014

   CUTUDC / Novidades

  O FROITO DO ROUBO ORGANIZADO
 

A débeda pública do estado español xa supera o billón de euros e sitúase no 98,9% do PIB

A débeda do conxunto das administracións públicas alcanzou unha nova marca no segundo trimestre do ano ao sumar 1.012.643 millóns de euros, o que supón o 98,9% do PIB e un incremento do 1,6% en relación co trimestre anterior, segundo os datos do Banco de España.

 

  • Noticias relacionadas

Froito dos rescates, da transformación de débeda privada en débeda pública, comeza o ano cun forte reponte e vaise aproximando ao obxectivo para todo o ano, que se sitúa no 99,5% do PIB. Dende 2008, coincidindo co inicio da crise, a débeda do estado español non deixou de crecer ano tras ano e dende entón tense máis que duplicado, pasando dos 436.984 millóns de euros (o 40% do PIB) máis dun billón de euros neste trimestre (o 98,9% do PIB).
 
Consideramos esta situación como insostible, a débeda creada polas sucesivas burbullas inmobiliaria, bancaria, agora autoestradas… pagámola entre toda a cidadanía cun empobrecemento xeneralizado e co deterioro e eliminación de servizos públicos.
 
Somos firmes defensor@s da declaración como ilexítima da débeda proveniente da xestión que os sectores especulativos e privados realizaron durante anos e que nos meteron no pozo desta crise-estafa.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript