Setembro de 2014
 
 

NÚMERO 241 - 15/09/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

Xa lles vale aos sindicatos
Polo que publicastes no PASquín anterior os sindicatos acudirán, se non foron xa, a contarlle ao xerente as súas prioridades cara a negociación da nova RPT. Cómo é posible que o xerente coñeza esas prioridades mentres as traballadoras as descoñecemos?. Como non formo parte da Xunta de Persoal non sei se as discutiron conxuntamente pero, o feito de non transmitilas ao colectivo antes que á universidade, paréceme unha incongruencia  e unha desconsideración para o PAS funcionario. Saúdos.

 

A RPT
A RPT ten que ser a de todos, non a de ningunha sigla sindical. O normal é que as propostas se elaboren na Xunta de Persoal e despois as discutamos e, coas modificacións que entre todos acordemos, sexan aprobadas. Qué se lle vai presentar á Xerencia sen o noso apoio?. Cando nola presenten xa estará a moto vendida?. Asemblea, asemblea, asemblea.

Municipais
É hora de dar un empuxón democrático e revolucionario e iso só se pode facer se imos xuntos, se hai un bloque de esquerdas. Quen por intereses curtopracistas traizoe esta necesidade e esta oportunidade pagarao moi caro. Pero máis caro o pagará a depauperada clase obreira e as empbrecidas clases medias deste sufrido pais.

A Coruña endebedada
Resulta que A Coruña é a cidade máis endebedada de Galicia, non é sen razón, A cidadanía de A Coruña non aprendemos, primeiro con Paquiño, agora con Carliños (Pikachu) Negreira votamos (votan en non os votei), a políticos que ven na alcaldía un espazo para facer negocio, para eles e para os seus amigos. Así nos vai, endebedados até as orellas, gastando cantidades inxentes de diñeiro que tamén terán que pagar os nosos fillos, en obras absurdas e innecesarias mentres a asistencia social, os servizos públicos esenciais están descapitalizados.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript