Setembro de 2014
 
 

NÚMERO 241 - 15/09/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Outono quente. Pola folga xeral en todo o ensino público!

No PASquín anterior fixemos un balance da situación no ensino universitario galego. Os recortes e as carencias no ensino non universitario non son de menor nivel, en concreto o curso iníciase ca creación de novas unidades no ensino privado concertado (79 unidades) mentres que se suprimen no ensino público (63 unidades).

 

  • Noticias relacionadas

Se o comezo do curso será conflitivo nas universidades, tamén o será no ensino non universitario, os recortes en profesorado, a masificación das aulas no ensino público mentres que se amplían e se favorecen os concertos co ensino privado concertado, agravado pola implantación da LOMCE, unha lei clasista, centralizadora, segregadora, confesional, privatizadora… crean unha situación insoportable á que ANPAS, sindicatos, plataformas, mareas… se preparan para darlle unha resposta conxunta e unitaria.
 
As mareas pola educación pública non afrouxan nas mobilizacións e están a preparar a convocatoria dunha folga xeral en todas as etapas do ensino público, dende infantil á universidade.
 
Agardamos que, nas universidades,  as mobilizacións estean encabezadas polos seus máximos representantes, os reitores, vicerreitores, decanos, directores…. Insistimos no que dixemos desde fai tempo, os manifestos institucionais, declaracións e artigos na prensa, son inútiles. Os gobernos (central e autonómico), que teñen ben claros os intereses que representan e serven, enrocados nas maiorías absolutas só modifican os obxectivos e a súas políticas se a mobilización social é contundente, debemos, polo tanto, incrementar a presión a todos os niveis, tamén no ámbito institucional.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript