Setembro de 2014
 
 

NÚMERO 241 - 15/09/2014

   CUTUDC / Novidades

  MOBILIZACIÓN SOCIAL
 

O goberno español teme un 'outono quente' repleto de protestas

Ante un posible outono cheo de protestas no estado español, o Goberno de Mariano Rajoy investiu grandes sumas de diñeiro para adquirir equipos antidisturbios, entre os que se encontra unha tanqueta lanza auga.

 

  • Noticias relacionadas

Entre xuño e agosto deste ano, o Ministerio do Interior, a través do Corpo Nacional de Policía, tramitou seis contratos que dotarán aos efectivos policiais de cascos, escudos, chalecos, caneleiras, cartuchos de fume e un novidoso camión lanza auga.
 
A compra de todo este material antidisturbios coincide coa chegada dun 'outono quente' con moitas manifestacións programadas, a nove meses das próximas eleccións municipais e autonómicas no país.
 
Interior anunciou este gasto en material antidisturbios tras as Marchas da Dignidade do 22-M, onde un elevado número de axentes resultaron feridos. Non obstante, este altercado é o único incidente grave rexistrado en 2014, segundo a delegación do Goberno en Madrid.
 
De feito, as manifestacións na Comunidade de Madrid descenderon nun 38% no que vai de 2014. Nos sete primeiros meses contabilizáronse 1.856 protestas, o que se traduce en 1.139 menos que no mesmo período en 2013, segundo informa 20 minutos.
 
Entre as manifestacións programadas destacan as concentracións a favor do aborto libre, seguro e gratuíto (28 de setembro), unha manifestación o 24 de outubro contra a monarquía durante a entrega dos Premios Príncipe de Asturias, a consulta independentista prevista para o 9 de novembro en Cataluña e a reedición das Marchas da Dignidade a finais de novembro.
 
Ademais, a 'marea verde' xa anunciou que a educación madrileña vivirá un 'outono quente' no que se prevé reivindicar o cesamento do peche de centros, mostrar o rexeitamento á Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) e esixir unha educación "pública, laica e gratuíta por e para todos".
 
RT

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript