Número 240- 08 de setembro de 2014
 
 

UNIVERSIDADE

RPT. O xerente convoca ás/aos representantes sindicais

    Polo que sabemos o xerente estase a dirixir ás organizacións sindicais e á APA coa finalidade de ter as primeiras conversas cara á negociación da nova RPT.

UNIVERSIDADE

    Como vos informamos no PASquín anterior, o curso académico 2014-2015 inaugurase oficialmente o vindeiro día 12, a Universidade de Compostela xa o fixo, co boato correspondente, o pasado venres día 5 (sobran os cartos). Os recortes orzmentarios impostos, e as limitacións nas taxas de reposición fan que o ensino universitario, un dos servizos públicos esenciais se resinta cada vez máis e o servizo á comunidade sufra un gradual deterioro que, se non reaccionamos, acabará co ascensor social que o ensino superior supón para as capas da sociedade máis desfavorecidas.

STOP DESAFIUZAMENTOS

    O pasado venres, día 4 realizouse a vista do recurso do bombeiro Roberto Rivas (Ío), contra a multa de 600 euros imposta pola Subdelegación do Goberno por unha suposta alteración da orde pública ao negarse a cooperar coa policía no desafiuzamento de Aurelia Rey

MARCHAS DA DIGNIDADE

    A Columna Galega das Marchas da Dignidade onde a nosa organización sindical está integrada, vai comezar a campaña para do “Ocupa o Obradoiro” para o 29 de novembro. As razóns que moveron fai precisamente un ano, primeiro ós sindicatos alternativos e logo ás organizacións políticas e os movementos sociais, para fundar este movemento, seguen vixentes.

O PATRÓN DOS LADRÓNS

    Nos delirios patronais aos que nos ten afeitos, negando a realidade (crua realidade) da deterioración das condicións laborais e salarios, volve arremeter pedindo máis e máis. Coma se a situación actual non respondese a todas e cada unha das esixencias que fixeron dende a CEOE. Para máis datos, a noticia de Agencias. Un noxo.

SAÍMOS REALMENTE DA CRISE?

    Segundo escribe Diosdado Toledano no dixital "Rebelion" nun artigo titulado "EPA, "minijobs" á española, e semana laboral de 30 horas", a Enquisa de Poboación Activa (EPA) do 2º trimestre de 2014 indicou unha redución do paro de 310.400 persoas en relación ao trimestre anterior deixando a cifra de paro en 5.622.900, e unha taxa do 24.47%.

TRABALLO ESCRAVO

    A empresa Nestlé e outras compañías que venden chocolate de África poden ser demandadas por utilizar traballo escravo infantil, ditaminou unha corte federal de apelacións nos Estados Unidos.

• OPINIÓN . Ignacio Escolar

    Un repaso a tres noticias que deberías coñecer se estiveches de vacacións, eses acontecementos escondidos con estivalidade e aleivosía.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE - PAS LABORAL
    O día 19 de setembro realizarase no TSXG a vista da demanda de Conflito Colectivo contra o recorte da paga extra do ano 2013 do PAS laboral da Universidade de Vigo. O día 25 de setembro corresponderalle á Universidade da Coruña.
 UNIVERSIDADES
    O ministro de Educación, Cultura e Deportes, José Ignacio Wert, non renuncia a pasar á historia como o ultraliberal que implantou o pagamento das licenciaturas nas universidades públicas do Reino de España e abriu a vía das hipotecas ou créditos bancarios para poder estudar.
 ASOCIACION GALEGA PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
    Desde a Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública queremos denunciar que a atención sanitaria en Galicia esta sufrindo un importante deterioro como consecuencia da política de recortes do sistema sanitario publico que supuxeron:.
 FACUA
    FACUA-Consumidores en Acción realizou unha análise sobre a evolución das tarifas eléctricas que pon de manifesto que o cambio regulatorio que se produciu este ano non só non vai provocar baixadas tarifarias, senón que dá liberdade total ao sector para aplicar subidas descomunais mediante prácticas oligopolísticas imposibles de evitar co novo modelo imposto polo Goberno.
 DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
    A privatización total dos servizos públicos de sanidade en Vigo. Esa é a alerta que lanza a Asociación galega para a Defensa da Sanidade Pública tras analizar os últimos movementos da Xunta con respecto á sanidade da principal urbe de Galicia.
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    A Mesa pediu que se afonde na colaboración de ambas as canles públicas e demandoulle ao Goberno que facilite dunha vez a recepción das radios e televisións portuguesas na Galiza
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      COMEZA O CURSO

       
        OS AFORADOS, SEMPRE SE SALVAN

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript