Setembro de 2014
 
 

NÚMERO 240 - 08/09/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

A fraude
Se o groso da fraude vén de arriba, é porque os lexisladores serven aos de arriba, ou directamente son parte dese grupo privilexiado. De modo que, aínda que se empeñen en vendernos a moto da equidade, progresividade, etc., das súas reformas, trátase de simple propaganda. Non cabe esperar que a actual clase política (en toda Europa) emprenda unha reforma fiscal progresiva e progresista.

 

Máis sobre a fraude
Quen non paga? A pesar de non o ter interiorizado, esta pregunta respóndese doadamente. «O 72% da fraude provócano as grandes empresas», afirma con rotundidade o sindicato de técnicos de Facenda, mentres os esforzos que se dedican a investigar cidadáns medios e pequenas empresas supoñen o 80% dos traballadores de Facenda. E se fai falta, faise unha amnistía fiscal para aliviar a eses pobres que teñen dinerito escondido en paraísos fiscais. Como sempre, quen máis sofre as inspeccións é quen menos ten e con iso non quero desculpar ningún tipo de fraude por pequeno que este sexa. Claro que, a xente ve como os políticos rouban a mans cheas, pregúntanse eles se eu non?

Pensións
Que fan a maioría dos políticos nas institucións? Creo que todas xa o sabemos: intentar maquillar a situación para que, no fondo, todo siga igual. Podémoslle dar as voltas que queiramos á cuestión, pero o das pensións é un asunto político, e o problema político xeral é como se distribúe o PIB. É dicir, a xente que se está a forrar ten que ser solidaria, aínda que me temo que non o vai ser por propia iniciativa e, polo tanto, haberá que distribuír por lei.

Contribuír segundo o que se posúe
Cada día estoumáis convencida que o motor, o que fai xirar as políticas económicas do país é a loita de clases, porque que é se non a redistribución da riqueza?, parece ser que non nos decatamos que cada día é mais evidente que Marx está máis presente. Na distribución da riqueza está implícito que contribúa máis quen máis ten ou máis gaña, pero neste modelo de sociedade parece que iso é o que menos interesa á minoría dominante.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript