Setembro de 2014
 
 

NÚMERO 240 - 08/09/2014

   CUTUDC / Novidades

  DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
 

“Toda a atención hospitalaria de Vigo será privada”

A privatización total dos servizos públicos de sanidade en Vigo. Esa é a alerta que lanza a Asociación galega para a Defensa da Sanidade Pública tras analizar os últimos movementos da Xunta con respecto á sanidade da principal urbe de Galicia.

 

  • Noticias relacionadas

“Toda a atención hospitalaria de Vigo quedará en mans privadas unha vez que se inaugure o novo hospital público de Vigo”, apunta nun comunicado. Unha acción que se completou coa renovación do concerto singular co Hospital Povisa por oito anos, "con ampliación cada dous", con diñeiro público.
 
“Este acordo supón manter artificialmente a unha empresa privada cunha xenerosa subvención de 75 millóns de euros anuais, cantidade similar á que recibirán as empresas concesionarias do novo hospital de Vigo por financiar e xestionar o mesmo”, apunta esta entidade. Ademais, critica que a negociación mantida entre o Sergas e Povisa se realizou con "total falta de transparencia" e chea de "información enganosa", con medidas que "atentan" contra a planificación e a xestión racional.
 
Ao mesmo tempo, asegura que o novo hospital de Vigo seguirá un modelo de xestión privada similar ao de Povisa, polo que esixe a súa “paralización inmediata" polos "sobrecustos" que xera, "sete veces os reais", polos "recortes en persoal", "equipamento" ou "calidade dos materiais".
 
A estas denuncias, súmanse, segundo a Asociación galega para a Defensa da Sanidade Pública, as "irregularidades" no proceso de adxudicación da obra á actual concesionaria, como "a desaparición do informe" da auditora PWC, polo que a Xunta pagou 200.000 euros.
 
Galicia Confidencial

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript