Setembro de 2014
 
 

NÚMERO 240 - 08/09/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

A universidade pública vai a pique

Como vos informamos no PASquín anterior, o curso académico 2014-2015 inaugurase oficialmente o vindeiro día 12, a Universidade de Compostela xa o fixo, co boato correspondente, o pasado venres día 5 (sobran os cartos). Os recortes orzmentarios impostos, e as limitacións nas taxas de reposición fan que o ensino universitario, un dos servizos públicos esenciais se resinta cada vez máis e o servizo á comunidade sufra un gradual deterioro que, se non reaccionamos, acabará co ascensor social que o ensino superior supón para as capas da sociedade máis desfavorecidas.

 

  • Noticias relacionadas

Por un lado as imposicións  neoliberais para a “saída” da crise que levan ao paro e á precariedade a millóns de persoas para as que cada día é máis complicado (para moitas xa imposible) detraer salario para costear uns estudos cada ano máis caros. Por outro lado a ineficaz cando non inexistente e, en todo caso, insuficiente política de bolsas para minimizar o sacrificio económico e os danos para a economía das familias que supón a matrícula universitaria.
 
Por outro lado a soga que o PP puxo ao colo da universidade pública cortando, de raíz, o seu orzamento e impedindo que as plantillas de docentes e PAS estean á altura das necesidades esenciais para o bo funcionamento destas institucións.
 
Todas estas circunstancias mostran ás claras as intencións dos Gobernos central e autonómico de rematar coa universidade pública e co dereito dos traballadores e traballadoras e dos seus fillos e fillas ao ensino superior, reservándoo para a elite á que eles representan.
 
Como vos sinalamos, tamén, no PASquín anterior tiñamos a intención de asistir á inauguración oficial do curso académico para, tal e como fixemos en Compostela o ano pasado, demostrarlle, en vivo e en directo, ao sr. Feijoo o rexeitamento que as políticas antes sinaladas nos merecen. Con esta finalidade conectamos c@s compañeir@s da Universidade de Vigo que nos sinalaron que, de momento, non teñen prevista ningunha acción. De variar esta situación advertirémolo para facer a viaxe a Vigo.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript