Setembro de 2014
 
 

NÚMERO 240 - 08/09/2014

   CUTUDC / Novidades

  STOP DESAFIUZAMENTOS
 

Ío, o bombeiro que se negou a colaborar no desafiuzamento de Aurelia, asegura que o volvería a facer

O pasado venres, día 4 realizouse a vista do recurso do bombeiro Roberto Rivas (Ío), contra a multa de 600 euros imposta pola Subdelegación do Goberno por unha suposta alteración da orde pública ao negarse a cooperar coa policía no desafiuzamento de Aurelia Rey.

 

  • Noticias relacionadas

Nos accesos ao xulgado máis dun centenar  de persoas, entre elas compañeiros de Ío e membr@s de STOP Desafiuzamentos mostrámoslle o noso apoio incondicional.
 
Recibido entre gritos de: Bombeiro, amigo, estamos contigo. Madeiro aprende do bombeiro. A loita é o único camiño. Non pode ser, non pode ser, bombeiro sancionado e corruptos  no poder. Nin xente sen casa nin casa sen xente… Ío, despois de agradecer a solidariedade e o cariño demostrado, manifestou a firme vontade de que, de verse nunha situación parecida, volvería a facer o mesmo. Sinalou, tamén, que as oposicións ao corpo de bombeiros son para axudar á cidadanía cando o precisa, non para desefiuzala e que as ordes recíbense dos superiores orgánicos non da policia.
 
O sucedido o día 4 no Xulgado reflicte ás claras a situación do país, perségese con especial saña todo o que significa solidariedade e compromiso social, mentres que se lles meten inxentes cantidades de diñeiro (que proveñen do desmantelamento dos servizos públicos, da precarización, empobrecemento e da eliminación dos dereitos básicos da cidadanía) nos petos aos que nos levaron a esta situación, enriquecéndoos aínda máis a custa do sifrimento do pobo.
 
Nosoutr@s como Ío temos a firme vontade de loitar contra todos os desafiuzamentos que se produzan porque entendemos que a saúde, o ensino… son dereitos, pero ter casa tamén!.

 


 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript