Setembro de 2014
 
 

NÚMERO 240 - 08/09/2014

   CUTUDC / Novidades

  O PATRÓN DOS LADRÓNS
 

Juan Rosell destaca os "xenerosos" aumentos de soldos no Estado español

Nos delirios patronais aos que nos ten afeitos, negando a realidade (crua realidade) da deterioración das condicións laborais e salarios, volve arremeter pedindo máis e máis. Coma se a situación actual non respondese a todas e cada unha das esixencias que fixeron dende a CEOE. Para máis datos, a noticia de Agencias. Un noxo.

 

  • Noticias relacionadas

Juan Rosell, presidente da CEOE, asegura nunha entrevista en Gestiona Radio que os soldos en España non están a baixar: "este ano van crecer os soldos o 0,6%, o dobre que a inflación" e engade que " se a isto se lle chamas rebaixa salarial, non sei a que se lle chamará crecemento".
 
E na mesma liña volveu insistir na necesidade flexibilizar o mercado de traballo. "As empresas non son inamovibles", argumentou antes de engadir que, desgraciadamente o único estático é o sector público: "entre que pensa as reformas e as fai, remátaselle o tempo".
 
O número un da patronal tamén se mostrou desconforme coa OCDE, que acusou aos empresarios españois de primar a rendibilidade a baixar os prezos: "que se vaian ver as estatísticas tanto do IRPF coma do imposto de sociedades, que din absolutamente o contrario,". De feito, asegura que as sociedades españolas que teñen beneficios non chegan ao 40%.
 
A xuízo de Rosell, hai que seguir avanzando coas reformas: todos os gobernos europeos se están a quedar curtos; poderían facer moito máis do que fan. Neste sentido criticou que "nos contentemos con crecer case un punto e medio" en lugar de seguir facendo cambios que axuden a facer unha Europa máis competitiva. Reformas que, ao seu xuízo, pasan por ter menos leis máis duradeiras e entendibles. "Agora mesmo, Europa é un territorio onde é moi difícil funcionar economicamente", sentenciou.
 
Iso si, o patrón de patróns sacou unha lanza por España xa que asegura que é o que máis cousas fixo fronte a Italia e Francia, que aínda non empezaron. Así, mostrouse optimista sobre cando empezará a nosa economía a crear emprego: "se crecemos por enriba do 1% imos ter crecemento de emprego seguro, aínda que é complicado dicir en que cantidades".
 
Tamén se referiu ao proceso soberanista en Cataluña para manifestar a inquietude dos empresarios. "Vemos o proceso con intranquilidade pero tamén serenos". Así, mostrouse confiado en que se cumpran as leis porque "é moi importante non só telas senón tamén facelas efectivas". Ademais, criticou que exista unha "algarabía coma se fose unha festa" cando realmente " estámonos a xogar cousas moi serias".
 
Finalmente, sobre a posibilidade de que se presente á reelección como presidente da CEOE. Rosell recoñeceu que iniciou unha rolda de conversacións coas organizacións sectoriais e territoriais, para ver como valoran os seus catro anos de xestión.
 
Kaos en la red

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript