Setembro de 2014
 
 

NÚMERO 240 - 08/09/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

RPT. O xerente convoca ás/aos representantes sindicais

Polo que sabemos o xerente estase a dirixir ás organizacións sindicais e á APA coa finalidade de ter as primeiras conversas cara á negociación da nova RPT.

 

  • Noticias relacionadas

Deste xeito, ao adiantarlle cada unha das alternativas sindicais o que para ela é prioritario, o xerente faise unha composición de lugar do que se vai atopar na negociación.
 
Coñecer esas prioridades tamén lle proporciona á Xerencia a información necesaria para facer a proposta (à baixa) e saber até onde chegar na "negociación".
 
Pola nosa parte entendemos que estas conversas, aínda sendo moi lícitas,  debilitan  á parte que representa á totalidade dos traballadores e traballadoras.
 
Pensamos que o que corresponde é que a Xerencia presente unha proposta para, posteriormente, ser analizada polo órgano de representación e respondida, se é posible, de xeito unánime pola Xunta de Persoal, discutila e aprobala colectivamente e, posteriormente, coas decisións tomadas asembleariamente, presentarlla e defendela diante da Xerencia. Outra posbilidade ben pode ser que a iniciativa parta da propia Xunta de Persoal, nese caso debería ser elaborada unha proposta unitaria, discutila e aprobala en asemblea de traballador@s, entregándoa e defendéndoa diante da Xerencia.
 
Entendemos, por outra parte, que o PAS xa fixo sacrificios dabondo. Mentres que se instauran no noso colectivo conserxarías que atenden a varios centros e/ou servizos, UXAIs e UADIs, observamos como eses centros seguen a manter, e incluso incrementaron a súa estrutura de dirección, nin que dicir ten que nos departamentos tampouco se actuou de igual maneira que no PAS.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript