Setembro de 2014
 
 

NÚMERO 240 - 08/09/2014

   CUTUDC / Novidades

  MARCHAS DA DIGNIDADE
 

Comeza a campaña "Ocupa o Obradoiro o 29 de novembro"

A Columna Galega das Marchas da Dignidade onde a nosa organización sindical está integrada, vai comezar a campaña para do “Ocupa o Obradoiro” para o 29 de novembro. As razóns que moveron fai precisamente un ano, primeiro ós sindicatos alternativos e logo ás organizacións políticas e os movementos sociais, para fundar este movemento, seguen vixentes.

 

  • Noticias relacionadas

 

A realidade laboral, social e política non só é a mesma que fai un ano senón que se ten agravado para a clase traballadora. Ningunha das grandes lacras que veñen golpeando ós traballadores e ás traballadoras e os sectores populares, teñen solución dentro deste sistema capitalista. Desde a CUT dicímolo con claridade.
 
O sábado 29 de novembro ten que ser outro punto de inflexión en clave nacional e de clase, para seguir enfiando esa unidade obreira e popular imprescindible para facerlle fronte ás políticas de Rajoy e da Troika. Desde a CUT como o desde os primeiros pasos das Marchas da Dignidade, seguiremos codo con codo con todas as organizacións, colectivos e persoas, traballando arreo para que o 29 de novembro a Praza do Obradoiro sexa un éxito de mobilización.
 
O 29 de novembro temos que convertelo nunha gran marea humana, obreira e popular que sirva de escaparate para todas as loitas que se están a dar no País. No 29-N teñen sitio e lugar, todos aqueles colectivos e lumes espallados por Galicia adiante, sexan de carácter sindical ou dos distintos movementos sociais. O lema; Pan, Traballo e Teito é moito máis que unha marca de arranque do que foi o 22M en Madrid.
 
Parellamente seguimos a traballar no acordo estatal imprescindible neste momento histórico. O vindeiro día 10 de setembro volveremos a xuntarnos en Barcelona as organizacións sindicais nacionais e alternativas: a IAC de Catalunya, LAB de Euskal Herria, CSI de Asturies, SAT de Andalucía, IC e FSOC de Islas Canarias, CUT de Aragón, A IV de País Valenciá, a IB das Illes e nós, a CUT de Galicia.
 
O traballo que temos diante é inmenso, o obxectivo táctico é encher a Praza do Obradoiro o día 29 de novembro. Se o conseguimos co esforzo de todos e todas, lograremos dar un pasiño máis no camiño do obxectivo colosal, da reconstrución nacional de Galicia, na perspectiva dunha sociedade onde prevaleza a xustiza social.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript