Setembro de 2014
 
 

NÚMERO 240 - 08/09/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE - PAS LABORAL
 

Conflito Colectivo pola paga extra de 2013

O día 19 de setembro realizarase no TSXG a vista da demanda de Conflito Colectivo contra o recorte da paga extra do ano 2013 do PAS laboral da Universidade de Vigo. O día 25 de setembro corresponderalle á Universidade da Coruña.

 

  • Noticias relacionadas

Polo que sabemos, CCOO sen que nesta demanda tivese nada que ver o Comité de Empresa, fixo a denuncia establecendo como partes codemandadas á UGT e CIG.
 
A circunstancia de que o Comité de Empresa non forme parte da demanda supón que non teñamos acceso a ela, aínda que, polo que sabemos ten como base argumental esencial as mesmas circunstancias que a que se presentou, no seu día, para a reclamación da paga extra de 2012.
 
Como vos informamos no PASquín anterior xa hai sentenzas que ditaminan a devolución da parte devengada da extra de 2013 até o mes de marzo.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript