Abril de 2010
 
 

05/04/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
A inflación repunta: o IPC sobe cinco décimas e situouse en marzo no 1,4%, a taxa máis alta en 15 meses

 

 

Por acordo entre sindicatos e administración os salarios dos/das traballadores/as da administración pública, na práctica, conxeláronse (este ano o incremento foi do 0,3%) pero os prezos van a outro ritmo. A inflación en febreiro sitúase no 1,4% e agora comezarán a subir prezos de produtos básicos e o IVE. Os salarios perden, cada día, máis poder adquisitivo.

 

O aumento inflacionario é outro dos elementos, xunto coa taxa de paro, que máis afectará ás familias Se os prezos soben por enriba do 2% o BCE subirá os tipos, unha suba, que repercutirá á economía familiar

 

A taxa española de inflación harmonizada anual -medida igual en todos os países da zona do euro-, situouse en marzo no 1,4%, cinco décimas por enriba da de febreiro (0,9%). Trátase do quinto rexistro positivo consecutivo interanual tras oito meses de caídas, as primeiras que rexistrou este indicador que comezou a elaborarse en 1997. Así consta no indicador adiantado do Índice de Prezos de Consumo Harmonizado (IPCA) difundido este martes polo Instituto Nacional de Estatística (INE) que, de coincidir coa inflación xeral (IPC), que se coñecerá o 15 de abril, tamén supoñerá o quinto mes con taxas interanuais positivas de inflación.

 

Segundo o INE, é consecuencia, principalmente, do incremento dos prezos dos carburantes e do mantemento dos prezos da alimentación, fronte ao descenso que ambos dous experimentaron en marzo de 2009.

 

A influencia do prezo do petróleo é evidente xa que hai un ano o barril do Brent custaba 47,30 dólares de media fronte aos 81,17 dólares actuais.

 

Dende o pasado agosto, mes no que o IPC empezou a moderar a súa caída, a evolución do prezo do petróleo xa era a responsable das taxas negativas do IPC e do IPCA, debido a que a diferenza entre o barril de Brent se equilibrara.

Os aumentos históricos dos carburantes levaron a taxa do IPC ao 5,3% en xullo de 2008, pero xa en agosto dese mesmo ano os prezos, medidos en taxa interanual, comezaron a moderarse ata alcanzar rexistros negativos por primeira vez en marzo pasado.

 

O IPCA mide os prezos de forma harmonizada co resto de países da zona do euro, e ata o próximo 15 de abril, cando se coñeza o IPC xeral, o INE non dará a coñecer o dato definitivo que, normalmente, non adoita variar en máis dunha ou dúas décimas.

 

O INE elabora este indicador para incorporalo ao cálculo do índice adiantado do IPCA en toda a zona do euro e difúndeo Eurostat, co obxectivo de ofrecer datos equiparables aos que se elaboran en Estados Unidos.

 

O indicador adiantado calcúlase utilizando a mesma metodoloxía que a que se emprega para o cálculo do IPC, coa salvidade de que para o primeiro se fai unha estimación dos datos dos que aínda non se dispón no momento da publicación.

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript