Mentres que se queren aforrar 280 millóns de euros coa redución da Oferta Pública de Emprego, facéndolle un dano irreparable aos servizos públicos, regálanse 3.000 millóns aos empresarios mediante a rebaixa das cotizacións.
Laboral
O final do "pacto social" aproxímase, os traballadores/ás seremos os que paguemos a crise, os empresarios conseguirán impoñer as súas propostas: diminución das cotizacións empresariais, despedimento máis barato e redución de gasto público (que non vaia destinado ao seu beneficio, claro),
retraso da xubilación...
Os sindicatos convidados de pedra.
Se nos datos do último censo se asegura que o 20% das rapazas e dos rapaces de entre 15 e 19 anos son analfabetos funcionais en galego, como se pode corrixir ese problema reducindo máis a presenza do idioma propio?...
Últimas convocatorias de prazas nas Universidades de Santiago e de Vigo.
Por acordo entre sindicatos e administración os salarios, na práctica, conxeláronse pero os prezos van a outro ritmo. A inflación en febreiro sitúase no 1,4% e agora comezarán a subir prezos de produtos básicos e o IVE. Os salarios perden, cada día, máis poder adquisitivo.

Estes días estamos ocupados/as coa posible fusión das dúas caixas galegas pero o futuro das Caixas de Aforro, tal e como as coñecemos agora, estase a decidir noutras esferas, na nova etapa que se aveciña, logo da dimisión do presidente da CECA, polas loitas internas, decidirase sobre a súa natureza xurídica feito transcendente e que as diferenza da banca privada.

Galicia rexistrou 8.333 procedementos xudiciais de violencia de xénero en 2009, case un 20 por cento máis que en 2008. Así asegurouno en Santiago o fiscal superior da comunidade, Carlos Varela, tras manter unha reunión de coordinación nesta materia con representantes dos diferentes organismos competentes.
Os localismos rematarán coa xa pouca credibilidade dos políticos, un bo exemplo da insensatez a este nivel témolo coas caixas de aforro pero tamén alcanza ás universidades, medicina é un bo exemplo.
A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, diante do “grave deterioro ao que se está sometendo á Sanidade Pública, á falla de compromiso coa Área Sanitaria de Ferrol que ten a Xunta e ante as medidas privatizadoras do Partido Popular”, acordou convocar o vindeiro domingo, 11 de abril, unha gran manifestación comarcal, á que animan a asistir a todos os cidadáns/ás. A manifestación partirá ás 12 do mediodía do Ambulatorio Fontenla Maristany, baixo o lema “Non á privatización da Sanidade. A Saúde non é un negocio”.
Máis de 2.000 activistas internacionais, moitos deles procedentes do Estado Español, formaron na mañá deste venres unha cadea humana fronte ao muro construído por Marrocos no Sahara Occidental, unha acción anual para denunciar a ocupación marroquí que nesta ocasión concluíu sen incidentes. Durante a realización da Columna dos Mil de 2009 resultaron feridos dous mozos saharauís pola explosión dunha mina enterrada ante o muro custodiado por militares marroquís.
A Asemblea de parados/as da Coruña comeza unha campaña de recollida de sinaturas para reclamar do concello a súa actuación en dinámicas que propicien que a situación de paro sexa máis "levadeira" para os cidadáns que a padecen.
Día 07/04/2010 reunión coa Xerencia.
A RPT deberá estar rematada no primeiro trimestre de 2010.
CONVOCATORIAS, recentemente informamos de:
Convocatoria de Técnicos Especialistas en Informática
Correción de erros na convocatoria de Aux. de Servizo
Correción de erros na convocatoria de Conserxes

Nos dous primeiros meses do ano a sinistralidade medrou nun 12,97 por cento en relación a 2009. Cada catro días faleceu un traballador en Galicia entre xaneiro e febreiro deste ano.
FOLGA XERAL!
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript