Abril de 2010
 
 

05/04/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
Redución do emprego público case nun 90%, estamos que o liquidamos!

 

 

Non é a primeira vez que a Administración Pública acude á redución da Oferta de Emprego Público, desde mediados até finais dos anos 90 xa se viviu unha situación semellante co conseguinte deterioro dos servizos públicos, nesta etapa a taxa de reposición foi do 25%, é dicir, de cada 100 baixas de traballadores/as da administración producidas, só se cubriron 25.

 

Tampouco é a primeira vez que este goberno opta pola redución da dita Oferta de Emprego Público, no ano 2009 e aducindo a situación de crise xa procedeu a unha redución significativa (nun 70%).

 

Nos Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2010 (pactada cos sindicatos maioritarios e coherente co seu criterio de que nos temos que sacrificar para solucionar unha crise que non xenaramos) xa se contemplaba unha taxa de reposición do 15% pero agora temos unha rebaixa máis (estamos de liquidación) pasando esa taxa ao 10%.

 

Coa administración pública o goberno mantén unha política absolutamente diferente ca co resto dos sectores.

 

A construción vai mal, miles de millóns para obra pública que as Firmas como ACS, FCC, Acciona ou Sacyr… precisan gañar pasta. Miles de millóns para asegurar os beneficios da banca, agora ampliada á subvención da integración das caixas de aforro, outra chea de millóns para asegurar os beneficios das empresas de automoción…

 

Dalgún lado haberá que quitar os cartos que se empregan nesta magna política de mantemento do capital.

 

Para onde miran todos os gobernos cando aparece unha crise do capital, desas que chaman cíclicas, pois á redución do volume da “empresa pública” privatizacións, redución dos salarios dos empregados públicos, e redución da oferta de emprego, o que denominan reducir o gasto público.

 

O certo é que a Oferta de Emprego Público para 2010 recorta nun 87 por cento as prazas de novo ingreso, desde as 15.084 do ano pasado (xa recortadas nun 70% sobre as de 2008) a un total de 1.989 este ano. Entre as prazas de novo ingreso, o groso corresponde á policía, exército e forzas de seguridade. En concreto, 222 prazas na Policía Nacional, 232 na Garda Civil e 754 en las Forzas Armadas, mentres que outras 781 prazas son da Administración Xeral do Estado (AXE).

 

OFERTA DE EMPREGO PRAZAS
===============================================================

ADMINISTRACION XERAL DO ESTADO 781

- Funcionarios 548
- Persoal Laboral 116
- Entidades e Empresas Públicas 107
- Docentes 10

FORZAS E CORPOS DE SEGURIDADE DO ESTADO 454

- Policía Nacional 222
- Garda Civil 232

FORZAS ARMADAS 754

==============================================================

TOTAL 1.989


ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA 2.030

- Administración Central 704
- Comunidades coa competencia transferida 1.326

 

Tamén as prazas de promoción interna (660), a pesar de medrar en proporción, sofren un recorte considerable ao caer un 66% debido á diminución da Oferta.

 

Distribución provisional por grupos de titulación

GRUPO A

Subgrupo A1

135

Subgrupo A2

190

GRUPO C

Subgrupo C1

235

Subgrupo C2

100

TOTAL

 

660

 

Non deixa de ser contraditorio que cando, por exemplo, se subvenciona ás empresas en función do mantemento do emprego sexa a propia administración pública a que prescinde da contratación, paradoxicamente non se fala nada da redución dos altos cargos nin dos asesores (que se levan unha gran parte do gasto).

 

A redución da cobertura de vacantes na administración deteriorará aínda máis os servizos, por este camiño chegarán a ser absolutamente ineficaces, aos cidadáns, incrementará as taxas, xa esaxeradas, de temporalidade nas propias administracións e provocará a externalización de servizos o que non é máis que un xeito de privatizar a propia administración pública.

 

Coa finalidade de aforrar 280 millóns de euros (cantidade non moi significativa nos orzamentos do estado, neste Consello de Ministros acordaron destinar 590 millóns para subvencionar a compra do “coche eléctrico”, uns días despois o goberno propón regalarlles 3.000 millóns de euros aos empresarios rebaixando as cotizacións) fáiselle un dano irreparable aos servizos públicos.

 

O Goberno utiliza a verborrea de esquerdas para enmascarar a aplicación dunha política de dereitas, neste caso limitando o gasto público. A modernización e calidade dos servizos son elementos contrarios á redución da Oferta de Emprego Público. Nesta etapa de profunda crise económica, se de verdade se aposta por unha política social, ten que acompañarse da inversión e aposta polo Emprego Público, ao non facerse deste xeito supón o descrédito para o Goberno e o coro sindical que o acompaña na toma de decisións que non benefician a saída da crise dun xeito que prexudique o menos posible aos traballadores/as.

 

Como xa estamos afeitos os sindicatos maioritarios e con poder de convocatoria, de iniciativas de mobilización, non pasarán de rexeitar a medida, a súa pasividade non deixa de ser un xeito de aceptala na práctica, sen capacidade nin desexo de actuar, non vai ser unha rebaixa do 5% na taxa de cobertura de prazas o que lles faga reaccionar (non farían nada aínda que esa taxa da que falamos fose do 0%, sempre atoparían unha escusa para xustificalo)

 

 Noticias relacionadas:

Consello de Ministros

O Goberno aproba a Oferta de Emprego Público para 2010

 El País

O Goberno abre a porta a rebaixar as cotizacións ás empresas

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript