05/04/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
O Goberno estuda propoñer aos
sindicatos unha fórmula para abaratar o
despedimento. Trátase do chamado modelo austríaco,
que consiste en rebaixar as indemnizacións por
despedimento.
O secretario xeral de
Comisións Obreiras, Ignacio Fernández Toxo, xa se
mostrou disposto aceptar a proposta de cambiar o
modelo de despedimentos. Trátase dunha reflexión
transcendental, tendo en conta que hai uns meses os
sindicatos se negaban a tratar calquera cambio na
lexislación laboral. "
O
goberno sopesa abaratar o despedimento a cambio de máis
protección social
O Goberno estuda propoñer aos sindicatos unha fórmula para
abaratar o despedimento. Trátase do chamado
modelo austríaco, que consiste en rebaixar as indemnizacións
por despedimento que pagan as empresas aos traballadores a
cambio de maior protección social. A
proposta faríase dentro do documento para a reforma
laboral que presentará o Goberno aos axentes
sociais tras a Semana Santa.
O secretario xeral de Comisións Obreiras,
Ignacio Fernández Toxo, xa se mostrou disposto aceptar a
proposta de cambiar o modelo de despedimentos. Mesmo mantén
que é unha proposta do seu sindicato. Durante a súa
intervención no Foro Nova Economía afirmou
que un modelo como o austríaco de contas individuais se
podería estudar.
Trátase dunha reflexión transcendental, tendo en conta que
hai uns meses os sindicatos se negaban a tratar calquera
cambio na lexislación laboral. Polo tanto, falar do modelo
austríaco supón poñer sobre a mesa un tema tabú para os
sindicatos como é o abaratamento do despedimento. O propio
Toxo describe o chamado modelo austríaco como "un seguro de
despedimento, pagado con cotizacións sociais, e que se
acumula en contas individuais do traballador. Os fondos
utilízanse para pagarlle unha indemnización cando perde o
seu emprego ou cando deixa de traballar definitivamente".
Isto significa que as empresas pagan unha parte da suba
salarial en man ao traballador e con outra (salario
diferido) constitúe un fondo na Seguridade Social
a nome de cada traballador. Estas achegas teñen unha
importante desgravación fiscal.
Isto supón que a empresa constitúe un fondo individual para
cada un dos seus traballadores, que se pon á súa disposición
no caso de perder o seu emprego como fórmula para
complementar a prestación de
desemprego que recibe do Estado. O traballador pode
rescatar o fondo no caso de ser despedido, o que reduce a
indemnización que lle paga a empresa. No caso de seguir no
seu posto de traballo ata que se xubile, estes recursos son
utilizados para completar a pensión que cobre da Seguridade
Social. Se o traballador cambia de empresa, lévase o seu
fondo, que seguirá incrementándose coas achegas da súa nova
empresa.
As vantaxes desta fórmula, como se encargou de advertir o
gobernador do Banco de España nas súas
polémicas declaracións sobre a reforma laboral, son basicamente que incentiva a mobilidade entre empresas e
reduce a barreira á contratación que representa o elevado
custo do despedimento. Ademais, permitiría avanzar cara a un
contrato único, como afirma Luis Garicano, da London School
of Economics. Isto "significa eliminar a disfuncional
dualidade que existe no mercado laboral" entre os
traballadores fixos e temporais "reducindo as incertezas e
favorecendo, polo tanto, o investimento
en capital humano".
Como se encargou de recordar o propio Toxo, os empresarios
son os primeiros que tenden a pagar indemnizacións
de 45 días por ano traballado (despedimento improcedente). O
Goberno quere tomar como referencia o contrato de fomento de
emprego, que contempla unha indemnización de 33 días por ano
e un máximo de 24 mensualidades. Trátase dun punto de
partida que se rebaixaría con achegas do Estado.
Comisións considera clave que se teña en conta que o
traballador cobra o seu fondo sempre, no momento do
despedimento ou ao final da vida laboral como pensión. É
dicir, que no momento do despedimento a cantidade podería
ser inferior a 33 días, pero grazas á portabilidade do fondo
aumentaría a protección ao longo da súa vida laboral.
O presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, tras
a presentación do primeiro documento sobre a reforma
laboral, mostrouse disposto a subvencionar o despedimento
para amortecer os seus custos. En concreto, propuxo debater
as experiencias europeas sobre "flexiseguridade".
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript