Setembro de 2014
 
 

NÚMERO 239 - 01/09/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Retomamos a actividade

Chegou setembro, inicio do curso académico, tempo no que, despois do ralentí institucional que supuxo o período estival se retoma a actividade “normal” na Universidade, o mes de setembro debe traer consigo a negociación da RPT, a segunda convocatoria de funcionarización, a recuperación da parte devengada da extra de 2012, haberá que insistir na negociación do catálogo de funcións, manual de procedementos…

 

  • Noticias relacionadas

Tamén, como vos informamos noutro artigo, haberá que dar cumprida resposta, un ano máis, aos novos recortes anunciados por Rajoy e que non dubidamos que o avantaxado alumno Feijoo se aplicará en implantar (se non os incrementa como é habitual).
 
Temos por diante, como vedes, unha etapa movida. Sen ir máis lonxe, o día 12 de setembro, na Universidade de Vigo realizarase a inauguración oficial do curso académico 2014-2015 ao que supoñemos asistirá o presidente do goberno galego. Iniciaremos, de xeito inmediato, as conversas cos sindicatos e coa agrupación electoral APA, para que, do mesmo xeito que fixemos o ano pasado, mostrarlle a Feijoo o rexeitamento ás políticas de recorte e á nova reforma universitaria que o PP pretende impoñernos.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript