Número 239- 01 de setembro de 2014
 
 

UNIVERSIDADE

Retomamos a actividade

    Chegou setembro, inicio do curso académico, tempo no que, despois do ralentí institucional que supuxo o período estival se retoma a actividade “normal” na Universidade, o mes de setembro debe traer consigo a negociación da RPT, a segunda convocatoria de funcionarización , a recuperación da parte devengada da extra de 2012, haberá que insistir na negociación do catálogo de funcións, manual de procedementos…

UNIVERSIDADE - CONTRATAS

    Aínda quedamos traballador@s que vimos unha universidade onde a práctica totalidade dos postos de traballo estaban desenvolvidos por persoal da propia institución. Pouco a pouco as políticas neoliberais aplicadas fixeron que a limpeza, reprografía, xardinería, vixiancia… pasasen a estar en mans de empresas privadas.

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

    Chega unha nova campaña electoral e o goberno non só quere cambiar a normativa para a elección de alcalde, tamén pretende rematar coas manifestacións d@s funcionari@s moi belixerantes contra os recortes impostos tanto dende o goberno central como dos gobernos das autonomías. Para proceder á limitación da liberdade de manifestación, utiliza dun xeito interesado e malintencionado os artigos 52 e 54 do EBEP.

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

    Soubemos que no mes de xullo o ministro Montoro remitiu ás Comunidades Autónomas para o seu debate na próxima reunión do Consello de Política Fiscal e Financeira unha serie de medidas que, segundo consta no propio escrito, foran propostas polas propias Comunidades Autónomas, en total 255 medidas que abarcan todos os ámetos da administración, educación, sanidade, dependencia, xustiza…

PROFESORADO CELGA

    As primeiras tres sentenzas do profesorado colaborador dos cursos de lingua galega CELGA veñen de lle dar a razón en todas as súas pretensións ás traballadoras e traballadores da normalización, pasando pola primeira delas, a nulidade dos seus despedimentos.

XUSTIZA

    Das declaracións feitas fai uns días por Gallardón e Feijóo en relación coas modificacións que o PP pretende introducir na redacción da nova Lei orgánica do Poder Xudicial podemos tirar as seguintes conclusións:

LADRÓNS

    Os apóstolos da contención, dos recortes, dos copagos… Os que proclaman día tras día que a austeridade é o único camiño para saír da crise económica á que eles mesmos nos arrastraron, teñen un comportamento indignante cando dos seus propios intereses se trata.

• OPINIÓN . Antón Losada

    Entre tanta exaltación da amizade, nin Merkel, nin Rajoy nin o Goberno terán un minuto para explicarnos o gran negocio que lles xera predicar a austeridade e impoñer o sufrimento masivo.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE - CORUÑA
    Como non houbo tempo nos meses de xullo e agosto para realizar as obras de asfaltado no Campus de Elviña e así minimizar as molestias para traballador@s e alumn@s, o concello iniciou oficialmente as obras o pasado día 24 de agosto.
 ADMINISTRACIÓN PÚBLICA - NOVOS RECORTES
    A viaxe de Merkel a Compostela destapa un novo recorte, esta vez de 50.000 millóns de euros. O recorte aplicarase até 2017 e terá como obxectivo rematar cos servizos públicos. Poñémosvos en garda sobre este importantísimo recorte pois, como vedes, afectaranos de xeito directo. Reproducimos un artigo que neste sentido realizou o 15M de Monte Alto.
 ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA - EXTRA 2013
    A xustiza ven de fallar a favor d@s traballador@s da Axencia Galega de Innovación e do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar na reclamación da parte devengada da paga extra de 2013..
 MARCHAS DA DIGNIDADE
    Seguimos a padecer esta gran estafa provocada polo poder económico para manter os seus insultantes privilexios, unha crise usada como coartada polos seus sicarios, os gobernos europeos, que actúan como o que son, unha mafia sen escrúpulos que non ten reparos en cometer os crímenes que sexan necesarios para manter contentos aos seus donos.
 LINGUA - PROLINGUA
    Tras as recentes declaracións do Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no Parlamento de Galicia sobre a utilización do galego como lingua vehicular na Educación Infantil, Prolingua expresa a súa máxima preocupación sobre o que considera unha situación de dramática incerteza para o futuro do galego á vista da súa reducidísima presenza como lingua de aprendizaxe no sistema educativo non universitario nos centros urbanos e solicita que se fagan públicos decontado os informes de avaliación previstos no Decreto 79/2010, que na súa disposición adicional quinta estabelece a seguinte obriga para a Administración educativa responsable:
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      ABUSO COS LIBROS DE TEXTO

       
        VISITA DE MERKEL A COMPOSTELA

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript