Setembro de 2014
 
 

NÚMERO 239 - 01/09/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE - CORUÑA
 

Asfaltado dos viais de Elviña

Como non houbo tempo nos meses de xullo e agosto para realizar as obras de asfaltado no Campus de Elviña e así minimizar as molestias para traballador@s e alumn@s, o concello iniciou oficialmente as obras o pasado día 24 de agosto.

 

  • Noticias relacionadas

Segundo soubemos pola prensa as obras prolongaranse, tamén oficialmente, até o día 19 de setembro. Tendo en conta que as obras, cun custo de 340.000 €, estaban acordadas e previstas desde o pasado mes de novembro é inexplicable que se realicen durante o curso académico coas molestias engadidas que isto ocasionará.
 
Cúmprese o lema institucional: tarde, mal e facendo o maior dano posible.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript