Setembro de 2014
 
 

NÚMERO 239 - 01/09/2014

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN PÚBLICA - NOVOS RECORTES
 

A chegada de Merkel destapa novos recortes, esta vez de 50.000 millóns de euros

A viaxe de Merkel a Compostela destapa un novo recorte, esta vez de 50.000 millóns de euros. O recorte aplicarase até 2017 e terá como obxectivo rematar cos servizos públicos. Poñémosvos en garda sobre este importantísimo recorte pois, como vedes, afectaranos de xeito directo. Reproducimos un artigo que neste sentido realizou o 15M de Monte Alto.

 

  • Noticias relacionadas

Os días 24 e 25 de agosto reuníronse en Compostela Merkel e Rajoy, a viaxe da mandataria europea serviu para que o presidente do goberno español se axeonllase unha vez máis aos pes da mandataria europea e caudillo dos recortes. Na rolda de prensa conxunta Rajoy sinalou que: “ hay que hacer reformas estructurales, aunque sean duras y difíciles de explicar y vamos a seguir haciéndolas en lo que queda de legislatura".
 
Esas “reformas” concretounas  a través do seu BOE (La Razón), e na 4ª e na 6ª, medios que anunciaron  recortes por importe de 50.000 millóns de euros, até 2017, sinalando expresamente que o eixo dos recortes (o 80%) recaerá, de novo, na “racionalización” da administración pública onde anunciou máis recortes salariais, de efectivos e de servizos.
 
Este novo machadazo acabará, de xeito definitivo, cos servizos públicos, hipotecando as nosas vidas ao se converter dereitos tan esenciais como a sanidade, educación,medicinas, dependencia…,en mercadorías ás que só poderá acceder quen poida pagalas,  condenándonos ao paro e á precariedade laboral, económica e social.
 
A presenza da mandataria europea, gurú dos recortes, e do seu lacaio  presidente do goberno español,  tivo a resposta cidadá dende inicio da visita. O primeiro día de estancia un nutrido grupo de persoas mostroulles, directamente, o seu rexeitamento. O día 25 a policía impediu a paus, que centos de persoas se aproximasen á praza do Obradoiro para mostrarlles o rexeitamento ás políticas que impoñen.
 
No 15M de Monte Alto non nos resignamos. As imposicións destinadas  enriquecer aínda máis á elite capitalista empobrecendo até límites insoportables á gran maioría da poboación  teñen que ter a resposta contundente que merecen. Chamamos á cidadanía a rebelarse contra un goberno corrupto que, ao mesmo tempo que impón políticas antisociais lexisla mediante decretos e leis medidas que penalizan a resposta cívica.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript