Setembro de 2014
 
 

NÚMERO 239 - 01/09/2014

   CUTUDC / Novidades

  LADRÓNS
 

Ana Botella mantén os seus 162 asesores e sóbelles un 34% o soldo

Os apóstolos da contención, dos recortes, dos copagos… Os que proclaman día tras día que a austeridade é o único camiño para saír da crise económica á que eles mesmos nos arrastraron, teñen un comportamento indignante cando dos seus propios intereses se trata.

 

  • Noticias relacionadas

Aos políticos patriotas e corruptos que escapan cos cartos fóra desa patria da que teñen chea a boca, aos empresarios que tan preocupados están por enriquecer o pais pero que teñen o seu diñeiro a resgardo en paraísos fiscais, xúntase unha ralea de aproveitados que pensan que a administración e o seu “cortijo”, facendo das institucións públicas un pesebre onde comen e dan de comer aos seus parentes e correlixionarios.
 
Un bo exemplo desta especie, é Ana Botella que se nega a reducir 216 asesores que supoñen 10,3 millóns de euros ao ano. Entre os seus asesores, unha irmá de Aguirre, fillos de deputados ou membros de Novas Xeracións do PP.
 
A Sra. Botella gástase nun ano case dez millóns e medio de euros en asesores que non teñen ningunha función e con todo nega o tratamento contra a hepatite C aos madrileños. Con ese diñeiro daríase tratamento a 412 persoas, que mellorarían a súa calidade de vida de xeito extraordinario. Pero é máis importante manter 216 soldos a persoas que non fixeron ningún mérito, que o benestar destas persoas. Con dous ou tres recortes como este poderíase dar o tratamento á totalidade dos enfermos de hepatite C na comunidade de Madrid. A súa catadura moral queda cada día máis ao descuberto.
 
Pero non fai falla buscar especímenes desta caste fóra das nosas fronteiras, Beatriz Mato, Conselleira de Traballo e Benestar, á que non lle treme a man á hora de recortar tanto na RPT da súa consellería como nas residencias da terceira idade e centros de menores, ten ao seu servizo dez persoas, 6 asesórana e as outras 4 encárganse de facer as notas de prensa para maior lustre persoal e da consellería. Os salarios desta recua van dende os máis de 54.000€ da Xefa de Gabinete até os 30.000€ de media do resto.
 
Hai que botalos!!

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript