Setembro de 2014
 
 

NÚMERO 239 - 01/09/2014

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

O Goberno quere prohibir as manifestacións d@s funcionari@s

Chega unha nova campaña electoral e o goberno non só quere cambiar a normativa para a elección de alcalde, tamén pretende rematar coas manifestacións d@s funcionari@s moi belixerantes contra os recortes impostos tanto dende o goberno central como dos gobernos das autonomías. Para proceder á limitación da liberdade de manifestación, utiliza dun xeito interesado e malintencionado os artigos 52 e 54 do EBEP.

 

  • Noticias relacionadas

De momento Castela-A Mancha foi a primeira rexión en aplicar estas sancións, será, polo tanto o “laboratorio” onde se experimentará para, posteriormente trasladar a medida ao resto do territorio estatal.
 
En concreto, o Executivo manchego ameazou á marea branca con multas de ata 15.000 euros a cada un dos manifestantes que protestasen con batas brancas ou coloquen carteis en zonas non habilitadas ao efecto.
 
Artigo 52. Deberes dos empregados públicos. Código de Conduta.
 
Os empregados públicos deberán desempeñar con dilixencia as tarefas que teñan asignadas e velar polos intereses xerais con sujeción e observancia da Constitución e do resto do ordenamento xurídico, e deberán actuar con arreglo aos seguintes principios: obxectividade, integridade, neutralidade, responsabilidade, imparcialidade, confidencialidade, dedicación ao servizo público, transparencia, exemplaridade, austeridade, accesibilidade, eficacia, honradez, promoción da contorna cultural e medioambiental, e respecto á igualdade entre mulleres e homes, que inspiran o Código de Conduta dos empregados públicos configurado polos principios éticos e de conduta regulados nos artigos seguintes.
 
Os principios e regras establecidos neste Capítulo informarán a interpretación e aplicación do réxime disciplinario dos empregados públicos.
 
Artigo 54. Principios de conduta.
 
1. Tratarán con atención e respecto aos cidadáns, aos seus superiores e aos restantes empregados públicos.
 
2. O desempeño das tarefas correspondentes ao seu posto de traballo realizarase de forma dilixente e cumprindo a xornada e o horario establecidos.
 
3. Obedecerán as instrucións e ordes profesionais dos superiores, salvo que constitúan unha infracción manifesta do ordenamento xurídico, nese caso poñeranas inmediatamente en coñecemento dos órganos de inspección procedentes.
 
4. Informarán aos cidadáns sobre aquelas materias ou asuntos que teñan dereito a coñecer, e facilitarán o exercicio dos seus dereitos e o cumprimento das súas obrigacións.
 
5. Administrarán os recursos e bens públicos con austeridade, e non utilizarán os mesmos en provecho propio ou de persoas achegadas. Terán, así mesmo, o deber de velar pola súa conservación.
 
6. Rexeitarase calquera agasallo, favor ou servizo en condicións vantaxosas que vaia máis aló dos usos habituais, sociais e de cortesía, sen prexuízo do establecido no Código Penal.
 
7. Garantirán a constancia e permanencia dos documentos para a súa transmisión e entrega aos seus posteriores responsables.
 
8. Manterán actualizada a súa formación e cualificación.
 
9. Observarán as normas sobre seguridade e saúde laboral.
 
10. Poñerán en coñecemento dos seus superiores ou dos órganos competentes as propostas que consideren adecuadas para mellorar o desenvolvemento das funcións da unidade na que estean destinados. A estes efectos poderase prever a creación da instancia adecuada competente para centralizar a recepción das propostas dos empregados públicos ou administrados que sirvan para mellorar a eficacia no servizo.
 
11. Garantirán a atención ao cidadán na lingua que o solicite sempre que sexa oficial no territorio.
 
Máis información:
http://www.eldiario.es/clm/PP-prohibira-Espana-manifestaciones-funcionarios_0_297120356.html
 
http://www.bolsamania.com/noticias/politica/el-pp-prohibira-las-manifestaciones-de-funcionarios-para-frenar-las-protestas--586167.html

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript