Setembro de 2014
 
 

NÚMERO 239 - 01/09/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE - CONTRATAS
 

Solidariedade c@s traballador@s de LINORSA

Aínda quedamos traballador@s que vimos unha universidade onde a práctica totalidade dos postos de traballo estaban desenvolvidos por persoal da propia institución. Pouco a pouco as políticas neoliberais aplicadas fixeron que a limpeza, reprografía, xardinería, vixiancia… pasasen a estar en mans de empresas privadas.

 

  • Noticias relacionadas

Coa externalización chegou a precariedade e a perda de dereitos. @s traballador@s de LINORSA cobran o salario, desde fai algún tempo, en datas impropias e, no momento de editar este PASquín, aínda non cobraran a mensualidade de xullo.
 
A UDC, como empresa que contrata o servizo ten a obriga de velar porque se cumpran todos os dereitos laborais e económicos da empresa á que lle contratou o servizo, o dereito máis elemental nesa relación é a da percepción do salario en tempo e forma.
 
O Comité de Empresa ven de reclamarlle á Universidade o cumprimento desa obriga, instándoa a que, de continuar ese incumprimento por parte de LINORSA, rescate a concesión.
 
A nosa alternativa é que todas as necesidades estruturais, todos os postos de traballo que son precisos para o mantemento e o bó funcionamento da universidade deben estar cubertos por persoal propio da institución (respectando sempre os dereitos adquiridos d@s traballador@s que os veñen realizando). Mentres que isto non se consegue un principio elemental do sindicalismo é o da solidariedade e apoio mutuo entre @s traballador@s. Nós poñémonos a disposición d@s compañeir@s da limpeza, nomeadamente cos/coas que desenvolven o seu traballo na Universidade.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript