Setembro de 2014
 
 

NÚMERO 239 - 01/09/2014

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

Montoro quere consensuar coas autonomías novos recortes na administración pública

Soubemos que no mes de xullo o ministro Montoro remitiu ás Comunidades Autónomas para o seu debate na próxima reunión do Consello de Política Fiscal e Financeira unha serie de medidas que, segundo consta no propio escrito, foran propostas polas propias Comunidades Autónomas, en total 255 medidas que abarcan todos os ámetos da administración, educación, sanidade, dependencia, xustiza…

 

  • Noticias relacionadas

Entre as medidas a analizar atópanse:
 
Repagos xeneralizados na sanidade pública: por consulta médica, por acudir a urxencias, por receita médica… Instauración de taxas hosteleiras nos hospitais, etc. etc. etc.
 
Con respecto @s traballador@s da administración pública quérese endurecer aínda máis as nosas condicións laborais e salariais propoñéndose o incremento da xornada laboral a 40 horas, a eliminación de todos os “moscosos” e, incluso, a eliminación dunha das pagas extra.
 
Como vedes aproxímanse novos ataques aos que deberemos dar a resposta máis contundente que poidamos.
 
Enlaces relacionados
 
http://politica.elpais.com/politica/2014/07/21/actualidad/1405969218_920514.html
 
http://www.cadenaser.com/economia/articulo/comunidades-envian-hacienda-255-propuestas-recorte-gasto/csrcsrpor/20140722csrcsreco_3/Tes
 
http://www.farodevigo.es/galicia/2014/08/05/feijoo-comparecera-explicar-255-recortes/1070086.html

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript