Número 238- 30 de xuño de 2014
 
 

VOLVEMOS EN SETEMBRO

UNIVERSIDADE

Reunión Universidade-Sindicatos e Agrupación Electoral (29/07/2014) para tratar da devolución da parte devengada e non pagada da extra de decembro de 2012

    O pasado martes, día 29 de xullo, e convocados pola Xerencia reunímonos, os sindicatos e agrupación electoral con representación no PAS e PDI cunha representación da Universidade para tratar sobre a devolución da parte devengada e non pagada da extra de decembro de 2012.

UNIVERSIDADE

Resumo do Consello de Goberno do día 24/07/2014

    O xoves, día 24 de xullo realizouse unha nova reunión do Consello de Goberno. Neste último Consello antes das vacacións tratáronse importantes asuntos que, entre outras cousas, demostran como se xestiona a Universidade.

UNIVERSIDADE

Resumo da reunión coa Xerencia realizada o pasado día 27

    O venres, día 27 realizouse a reunión conxunta Comité de Empresa-Xunta de Persoal de PAS coa Xerencia. A representación da institución mostrou, unha vez máis, a súa intransixencia rexeitando a restitución dos días derivados da antigüidade e pospoñendo a decisión sobre a aplicación da xornada reducida que si gozarán os traballadores e traballadoras da Xunta.

UNIVERSIDADE - PAS LABORAL

    O día 27 soubemos que a Universidade enviara ao DOG, ese mesmo día, a convocatoria de funcionarización. Os prazos, segundo se nos indicou, serán: 10-15 días para a publicación e, posteriormente, haberá 20 días para a inscrición. É importante esta circunstancia porque coincidirá en período de vacacións.

MUTUAS

    As mutuas están a asumir no día de hoxe o papel de policía, tendo por obxecto vixiar os presuntos culpábeis, é dicir, os traballadores e traballadoras de baixa.

MOBILIZACIÓN SOCIAL

    A Central Unitaria de Traballadores/as valora de xeito moi positivo a manifestación das Marchas da Dignidade que tivo lugar o pasado 21 de xuño en Santiago de Compostela so a lenda: Pan, Traballo e Teito, Rodea o Parlamento.

A NOVA LEI DO ABORTO

    O ministro de Xustiza quere contar os detalles finais do proxecto o día 3 de xullo, na inauguración dun acto que organizou o PP no Congreso dos Deputados

MUFACE

    O Goberno recortará previsiblemente as prestacións sociais que reciben os funcionarios a través de Muface a partir de xullo, o que afectará á cobertura de próteses dentais, lentes, lentes de contacto e audiófonos. Ademais ten previsto conxelar un ano máis a achega presupostaria para 2015.

LABORAL

    Traballar non sempre equivale a gañarse a vida. A economía española apañoullas na última fase da crise para crear emprego con crecementos pírricos, pero o custo deste milagre tradúcese en salarios cada vez máis baixos.

• OPINIÓN . Ignacio Escolar

    Empeza a ser tradición: toda noticia propagandística do Goberno de Rajoy acaba escondendo moita letra pequena que convén coñecer, e que só aparece un par de días despois, cando o Executivo xa colocou o titular. A rebaixa de impostos non é unha excepción. Estas son as trampas que Cristóbal Montoro non nos contou.

    
  •   
 
 ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
    Coincidindo cos debates do aforamento de Juan Carlos de Borbón o Partido Popular tentou introducir unha serie de emendas entre os traballadores da administración tendentes a precarizar o traballo.
 FERROL - MANIFESTACIÓN UNITARIA
    Máis do 90% de traballadores e traballadoras de correos de Ferrol Terra e centos doutros sectores, participaron na manifestación en defensa dos postos de traballo e dun servizo de correos sempre público..
 DEREITOS HUMANOS
    Arredor de 58 millóns de nenos entre 6 e 11 anos en todo o mundo están sen escolarizar, segundo o informe de seguimento sobre educación no mundo publicado este xoves pola Unesco. A estes menores habería que sumar os 63 millóns de adolescentes que non reciben ningunha educación regulada.
 POBREZA INFANTIL
    Un informe do Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (Unicef) revela que no Estado Español uns 2.3 millóns de nenos viven baixo o albor da pobreza.
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2014. - A Mesa pola Normalización Lingüística reaccionou esta mañá ás declaracións de Feixó tras o Consello da Xunta nas que, ante as críticas da RAG motivadas polo estudo sobre a situación do galego na Educación Infantil das cidades galegas presentado e elaborado pola Mesa, xustificaba a erradicación do galego no ensino infantil argumentando que o Goberno “está cumprindo coas súas obrigas legais, que son garantir o coñecemento do galego en pé de igualdade co castelán e cumprir e facer cumprir o decreto, sancionado polo TSXG, do plurilingüismo”.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      CONEXIÓNS

       
        O FISCAL ANTICORRUPCIÓN PEDRO HORRACH SOSTÉN QUE «LA INFANTA HA SIDO IMPUTADA POR SER QUIEN ES»

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript