Xuño de 2014
 
 

NÚMERO 238 - 30/06/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE - PAS LABORAL
 

Segundo proceso de funcionarización

O día 27 soubemos que a Universidade enviara ao DOG, ese mesmo día, a convocatoria de funcionarización. Os prazos, segundo se nos indicou, serán: 10-15 días para a publicación e, posteriormente, haberá 20 días para a inscrición. É importante esta circunstancia porque coincidirá en período de vacacións.

 

  • Noticias relacionadas

En concreto determínase:
 
Solicitudes
 
As persoas que desexen tomar parte neste proceso de funcionarización deberán solicitalo no formulario segundo o modelo que figura como anexo III desta convocatoria.
 
As solicitudes dirixiranse ao xerente da Universidade da Coruña no prazo de 20 días naturais, que conta a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.
 
A presentación das solicitudes farase no Rexistro Xeral da Universidade na Coruña (edificio do Reitorado, Rúa da Maestranza, nº 9, CP 15001), nos rexistros auxiliares (Casa do Lagar, Elviña - campus da Coruña, e Edificio de Usos Administrativos, Esteiro - campus de Ferrol), ou por medio das restantes formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro).

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript