Xuño de 2014
 
 

NÚMERO 238 - 30/06/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

Quen (des)goberna este mundo? Boa pregunta...
Algunhas persoas cren que os do «Club Bilderberg» son unha especie de lenda urbana tipo cabaleiros da mesa redonda ou así. E rin.
Hai os que pensan que son un grupo de ricos que se reúnen unha vez ao ano para charlar de fútbol, de moda ou da teoría de cordas porque son amiguetes super-mega-guais de toda a vida. E están no seu dereito, faltaría máis.
Outros temos a certeza de que representan ás fortunas máis poderosas da nosa cultura occidental. Que teñen un enfermizo afán de poder e control. Que poñen e quitan presidentes e primeiros ministros en EE. UU., en Europa e noutros lugares do mundo ao seu puto antollo. Polas boas ou polas malas. Que non dubidan en utilizar atentados de falsa bandeira para sementar o terror (Gladio), que a sociedade se bote nos brazos dos PPsoE's varios e eliminar liberdades en nome da seguridade. Que programan guerras para amasar montañas de diñeiro.
Pero os que pensamos así só somos uns conspiranoicos medio frikis, claro.
O caso é que imos a colocar de presidente da Comisión Europea a un tipo, o Juncker, que tivo que dimitir de primeiro ministro do seu país, Luxemburgo, antes de que o botasen a patadas na entreperna por confidente, acusón e lametraseros do complexo OTANero usamericano. Quen manda neste mundo?

 

Conseguirémolo
Non teñamos medo, aínda que si ilusión e precaución para poder ir botándoos pouco a pouco. Merecemos unha sociedade máis decente e menos anestesiada. Saúde e ánimo!

Quen nos goberna
Mandan e gobernan os de sempre, o 1%, que hoxe en día se concentra en boa medida nos bancos. Non poñerlles impostos que nolos cargan ao pobo
Como se ve, ao final nunca cambia nada. Por que, porque todo se reduce aos desexos básicos humanos que son a cobiza e o egoísmo (Hobbes). cada un imos buscando case só a nosa mellora, atropelando canto sexa preciso

Non hai lugar para a vertixe. Esta posibilidade non se contempla.
O pobo espertou para recuperar o poder arrebatado e agora non nos imos conformar coas faragullas, queremos a nosa barra de pan completa e a diario.
Podemos e Guanyem son propostas irreversibles, dun impulso atinado, movementos que non van deixar de traballar día si día tamén, nin aos que vai dar medo construír gobernos democráticos e transparentes.
Cada un dos que estamos implicados imos, cal formiguiña, activando aos escépticos para que participen neste cambio. Quédanos un ano de currele, pero aí imos estar, ocupando o baleiro sen medo, ousados, convencidos, honestos e democráticos.
Están a caer pouco a pouco e insistiremos ata que se larguen -todos- do trono. Xa non hai quen nos pare.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript