Xuño de 2014
 
 

NÚMERO 238 - 30/06/2014

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL
 

Só Romanía e Grecia superan ao Estado Español en risco de pobreza dos traballadores

Traballar non sempre equivale a gañarse a vida. A economía española apañoullas na última fase da crise para crear emprego con crecementos pírricos, pero o custo deste milagre tradúcese en salarios cada vez máis baixos.

 

  • Noticias relacionadas

A porcentaxe de traballadores que gañan no Estado unha cantidade igual ou inferior ao salario mínimo interprofesional (SMI) duplicouse dende 2004: 12 de cada 100 empregados encóntranse nesta situación, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), correspondentes a 2012. O Estado Español, segundo as contas de Eurostat, presenta unha das maiores taxas de risco de exclusión entre persoas con traballo, só superada por Romanía e Grecia.
 
A énfase que puxo o Goberno en defender a reforma para mellorar o trato fiscal ás rendas máis baixas responde á certeza da notable rebaixa salarial sufrida tras dúas recesións en cinco anos. Os soldos baixan máis do que din as estatísticas, segundo advertiu a primeiros de ano o Banco de España, polo efecto composición: a destrución de emprego cebouse nos postos de peor calidade e, ao desaparecer estes, alteran a foto.
 
Axencias

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript