Xuño de 2014
 
 

NÚMERO 238 - 30/06/2014

   CUTUDC / Novidades

  FERROL - MANIFESTACIÓN UNITARIA
 

Por un servizo de correos público e de calidade

Máis do 90% de traballadores e traballadoras de correos de Ferrol Terra e centos doutros sectores, participaron na manifestación en defensa dos postos de traballo e dun servizo de correos sempre público.

 

  • Noticias relacionadas

A decisión de convocar a mobilización, chegou logo de que a principios da semana pasada se presentara na carteiría da Oficina Principal da cidade a “equipa de redimensionamento” do cadro de persoal.
 
Antes das 8 da tarde, saía desde a Praza da Porta Nova (Praza de España) de Ferrol, unha manifestación diversa e unitaria, convocada pola Plataforma Unitaria das Traballadoras e Traballadores de Correos de Ferrol Terra, onde participan todos os sindicatos con presencia no servizo postal público da Comarca. Centos de persoas en defensa dos postos de traballo, contra os recortes no cadro de persoal e por un servizo de correos público e de calidade.
 
A denuncia da corrupción estivo presente na mobilización, nas alusións gráficas e sonoras, á imputación do Alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela na chamada 'Operación Pokémon'.
 
Despois dun percorrido polas rúas do casco histórico da cidade, concentraba-se a marcha na Praza do Concello, diante do Pazo Municipal, onde o persoal de correos situou-se nas escaleiras de acceso principal ao Pazo, e desde unha megafonía se realizaron as intervencións de Chus, Ricardo Ledo e Carlos del Rio, precedidas da interpretación da Internacional, levada por Suso Pintos e Vitor Agulló. Rematou co Himno Galego.
 
http://youtu.be/1RQXXEywDUg
 
http://youtu.be/OKXTyK8R9XU
 
http://youtu.be/Edm7HOkYKVw

 
Ártabra 21

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript