Xuño de 2014
 
 

NÚMERO 238 - 30/06/2014

   CUTUDC / Novidades

  POBREZA INFANTIL
 

Unicef denuncia alto índice de pobreza infantil no Estado Español

Un informe do Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (Unicef) revela que no Estado Español uns 2.3 millóns de nenos viven baixo o albor da pobreza.

 

  • Noticias relacionadas

"Ímonos encontrar cun país no que cada vez hai menos nenos", dixo Marta Arias, a directora de sensibilización de Unicef España.
 
No Estado Español o 27.5 por cento da poboación infantil vive baixo o albor da pobreza. Ademais o fracaso e abandono escolar vai por enriba do 20 por cento. Unicef España condena a incapacidade do país para protexer os menores e a brusca redución dos recursos destinados á infancia.
 
Marta Arias, a directora de sensibilización de Unicef España, declarou a RT que a pobreza infantil chegará a afectar finalmente a todo o país.
 
"Se non se reverte esta tendencia e se non se inverte máis na infancia ímonos encontrar cun dos escenarios non desexados. Ímonos encontrar cun país no que cada vez hai menos nenos... ao non haber políticas de apoio ás familias e á infancia", considera Marta Arias.
 
"Pois, é un reflexo de que cada vez nacen menos nenos e ímonos encontrar tamén cun país cada vez máis pobre e máis desigual. E iso ten repercusións, por suposto, directas para estes nenos que están a sufrir a pobreza", asegura.
 
E é que o investimento nas devanditas políticas no Estado Español reduciuse un 14.6 por cento dende o 2010, o ano en que as autoridades empezaron a implantar as medidas de austeridade. Ademais o país ibérico gasta case dúas veces menos do PIB en comparación da maioría dos países da Unión Europea.
 
"Pero ao final, aféctanos a todos porque todos nos vemos condicionados por unha xeración que teña problemas de aprendizaxe, problemas de pobreza, problemas de alimentación," conclúe Arias.
 
Axencias

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript