Xuño de 2014
 
 

NÚMERO 238 - 30/06/2014

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

O PP retira a emenda que regularizaba a precariedade na Administración Pública

Coincidindo cos debates do aforamento de Juan Carlos de Borbón o Partido Popular tentou introducir unha serie de emendas entre os traballadores da administración tendentes a precarizar o traballo.

 

  • Noticias relacionadas

Tal como avanzou Diagonal o pasado 24 de xuño, son unha serie de modificacións que o PP introducía na Lei de Racionalización do Sector Público que se convertía "nunha reforma laboral encuberta", mediante a incorporación de tres apartados ao artigo 28 do proxecto de lei, que entraba no Senado, e tiña previsto a súa aprobación para dentro dun mes. Pero a presión exercida polos diferentes sindicatos no conflito provocaron o grupo parlamentario popular retirase a emenda.
 
Retirada da emenda
Segundo se deu a coñecer opasado día 27, o Grupo Parlamentario Popular retirou a emenda relativa en relación aos denominados “indefinidos non fixos”. É dicir, aqueles traballadores da administración con contratación temporal e que están en fraude de lei na contratación porque non eran recoñecidos como fixos de persoal. As emendas introducidas polo PP modificaba o Estatuto Básico do Empregado Público e regularizaba a figura do “indefinido non fixo”. Con iso tentábase regularizar a precariedade laboral na que se atopa unha parte do empregado público en fraude de lei e dar impunidade á irregularidade laboral.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript