Xuño de 2014
 
 

NÚMERO 238 - 30/06/2014

   CUTUDC / Novidades

  MUFACE
 

O Goberno recortará as prestacións de Muface

O Goberno recortará previsiblemente as prestacións sociais que reciben os funcionarios a través de Muface a partir de xullo, o que afectará á cobertura de próteses dentais, lentes, lentes de contacto e audiófonos. Ademais ten previsto conxelar un ano máis a achega presupostaria para 2015.

 

  • Noticias relacionadas

Muface xustifica esta decisión por razóns presupostarias de axuste do gasto e pola evolución dos prezos no mercado, segundo informou o martes Gustavo Blanco, director xeral de Muface ao Consello Xeral da entidade, os recortes calcúlanse nuns cinco millóns de euros.
 
Os recortes afectan fundamentalmente a prestacións dentarias, próteses oculares e auditivas, así como os tratamentos por ortodoncia, cunha única cobertura nos procesos iniciados antes dos 18 anos.
 
Muface implanta un novo sistema que subvenciona o 20% do custo medio de mercado do produto protésico, lentes, cristais, lentes de contacto e audiófonos. O "machadazo" pode supoñer nalgúns casos mesmo o 50% do valor actual".
 
Na reunión do Consello Xeral de Muface presentouse aos axentes sociais, baixo o eufemismo de modificación dos anexos á orde que regula as prestacións complementarias (próteses oculares, auditivas, etcétera), un novo recorte nas prestacións que por estes conceptos reciben os funcionarios integrados na mutua, algún dos sindicatos presentes eleva a cifra de recortes ata os 20 millóns de euros segundo cálculos estimados de xeito urxente.
 
Tamén se conxelará a achega do Estado á mutua dos funcionarios por segundo ano consecutivo, cuxas contas xa se viron reducidas en máis de mil millóns de euros nos últimos cinco anos. "Esta situación vese agravada polo progresivo envellecemento da poboación atendida e o feito de que non entren no sistema novos mutualistas".
 
Estes recortes non se corresponden coa suposta recuperación económica que formula o Goberno e volve situar aos empregados públicos como un dos colectivos máis prexudicados, nesta ocasión, coa reforma fiscal e a previsible redución de ingresos do Estado
 
Axencias

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript