Xuño de 2014
 
 

NÚMERO 238 - 30/06/2014

   CUTUDC / Novidades

  A NOVA LEI DO ABORTO
 

O Goberno atrasa unha semana a aprobación da Lei do Aborto

O ministro de Xustiza quere contar os detalles finais do proxecto o día 3 de xullo, na inauguración dun acto que organizou o PP no Congreso dos Deputados

 

  • Noticias relacionadas

Un acto antiabortista internacional que se celebrará no Congreso os días 3 e 4 de xullo, auspiciado polo PP, fixo variar os plans do Executivo de aprobar a lei do Aborto no Consello de Ministros do pasado venres. Farao o venres desta semana, despois de que o ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón, rece o articulado da lei ante os asistentes ao acto, no que intervirá como estrela invitada.
 
Aínda que hai grupos aos que desgusta que a celebración se realice na Cámara Baixa, a Mesa do Congreso permitirá, grazas á maioría absoluta do partido gobernamental, que o "Seminario Internacional polo dereito á vida" se leve a cabo nas súas estanzas porque participan parlamentarios españois do PP. De feito, o solicitantes dos salóns para os días 3 e 4 de xullo son o deputado do Grupo Popular José Eugenio Azpiroz e o senador Ángel Pintado, do mesmo partido. Azpiroz é o Secretario Xeral da asociación organizadora do seminario, Acción Mundial de Parlamentarios e Gobernantes pola Vida e a Familia. Pintado é o presidente.
 
Segundo o programa do seminario, a inauguración será ás 16,50 e correrá a cargo do ministro. O título revela as súas intencións: "Proxecto de Lei de Protección da Vida do Concebido e dos Dereitos da Muller Embarazada". E tras el discutiranse varios relatorios aos que asisten expertos do Consello de Europa como Grégor PUPPINCK, o doutor Nicolás JOUVE, membro do Comité Bioética de España, ou o catedrático de filosofía norteamericano Cristopher O. TOLLEFSEN. Os asistentes acudirán a unha recepción no Concello de Madrid na que Gallardón acompañará á alcaldesa Ana Botella.
 
A clausura, o venres 4 de xullo, levará consigo a elaboración dunha "Declaración de Madrid" aberta á asinar de adhesións de parlamentarios españois. Só o farán algúns deputados e senadores parlamentarios do PP. O discurso final farao a senadora arxentina Liliana Negre, Ex Presidenta de Acción Mundial de Parlamentarios e Gobernantes pola Vida e a Familia.
 
A aprobación do proxecto de lei do aborto coincidirá, segundo fontes parlamentarias do PP, coa do longamente esperado proxecto de Lei de Seguridade Cidadá.
 

AlertaFeminista, convocatorias concentracións Galiza Estamos em #AlertaFeminista, convocamos á cidadanía galega para sairmos á rúa ás 20h no día en que for levada a contrareforma da lei do aborto a Consello Ministerial.



 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript