Xuño de 2014
 
 

NÚMERO 237 - 23/06/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Vindeiras actuacións

A curto prazo está prevista unha reunión da Comisión de Asuntos Económicos, tamén se solicitou unha reunión conxunta, do Comité de Empresa Xunta de PAS, coa Xerencia na que trataremos, entre outras cousas, a restitución dos días adicionais derivados da antigüidade, xornada reducida no verán e, de realizarse esta reunión antes que a da Comisión de Asuntos Económicos volveremos a poñer enriba da mesa a restitución da parte devengada da paga extra de 2012 que ilegalmente se nos recortou.

 

  • Noticias relacionadas

Nesta semana pasada moit@s traballador@s interesáronse en coñecer onde publicou a Xunta o horario de verán pois non o localizan no DOG. Este ano fíxoo mediante unha nota informativa: http://www.xunta.es/funcion-publica/avisos?content=/Portal-Web/Contidos/Avisos/funcion-publica/aviso0025.html
 
Por outra parte comunicóusenos, tamén, que as próximas reunións da Comisión de Asuntos Económicos terán lugar o 27 de xuño ás 12:00h e o 17 de xullo ás 12:00h.
 
Na reunión do día 27 de xuño, unha vez transcorrido o mes que o reitor sinalara no anterior Consello de Goberno como prazo dado á Xunta de Galicia para proceder ao ingreso da cantidade necesaria para facer fronte ao pago da parte devengada da paga extra de 2012, saberemos se se cumpriu o ultimato e, de non ser o caso, que accións pensa iniciar a Universidade.
 
Por outra banda, a Secretaría Xeral sinalara como posibles datas para a realización dos seguintes Consellos de Goberno as datas 26 de xuño e 24 de xullo. O pasado venres comunicounos que “finalmente, o Consello de Goberno previsto para o día 26 de xuño queda adiado para o vindeiro 24 de xullo”, este mes, polo tanto non haberá Consello de Goberno.

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript