Xuño de 2014
 
 

NÚMERO 237 - 23/06/2014

   CUTUDC / Novidades

  CRISE ESTAFA
 

Multimillonarios españois incrementaron a súa riqueza un 40% dende o estalido da crise

Os multimillonarios viron aumentar a súa riqueza en España en case un 40 por cento dende o inicio da crise, segundo un informe revelado o pasado luns que augura outro crecemento deste sector nun 22 por cento en 10 anos.

 

  • Noticias relacionadas

A investigación realizada pola consultora Knight Frank precisa que de 2003 a 2013 as fortunas con máis de 30 millóns de dólares (22 millóns de euros) aumentaron un 39 por cento para chegar á cifra de 3.475.
 
Dese número 23 superan o centenar de millóns e 19 deles os 1.000 millóns de dólares.

O estudo tamén indica que malia a caída do consumo incrementouse o gasto en bens de luxo e o 50 por cento dos incluídos no listado de ricos españois pretende investir no sector inmobiliario.
 
Segundo unha investigación anterior, dende 2011 a 2013 as grandes empresas, incluídas no índice Ibex da bolsa española, pasaron dun capital conxunto de 35.000 millóns a 60.000 millóns de euros, para un incremento do 67 por cento.
 
PL

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript