Xuño de 2014
 
 

NÚMERO 237 - 23/06/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

Ides con retraso
Fai unhas semanas que falastes dos días que nos teñen que restituír por antigüidade, a semana pasada comentáchedes neste medio que aos traballadores da Xunta aumentábanlles a xornada reducida no verán. Cando ides falar disto coa Xerencia?. O dos días de antigüidade pode falarse cando sexa (canto antes mellor), pero o da xornada reducida no verán, cada día que pasa será máis difícil negociala para este ano.

 

O chiringuito nacional
Cada día resulta máis patente que este réxime, aparte dalgúns aspectos meramente formais, funciona á marxe da democracia. É o máis parecido a un chiringuito: agora un decreto lei, agora o acatamento duns intrusos - ninguén os elixiu democraticamente - chamada a Troica, agora quito este rei e poño outro que dea continuidade a ese anacromismo de corrupción e antidemocrático chamado monarquía; agora máis impunidade, e así neste xogo de trileiros ao final sempre gañan os mesmos: menos impostos para quen xa apenas se pagaban algo.

Téñennos medo
O sucedido en Madrid o día da entronación de Felipe VIL coa persecución dos cidadáns que portaban calquera enseña republicana, o estado de excepción policial imposto ese día, e a actuación da policía, demostra o medo que teñen á cidadanía. Téñennos medo porque somos mais, porque xa ninguén cun mínimo de sentido común ou que teña intereses na banda no poder, lles cree, porque evolucionaron dunha ideoloxía dereitista a unha tiranía mafiosa, porque regalaron o país a potencias económicas e militares estranxeiras. Por todo iso témennos e á vez ódiannos e en cada un dos seus actos demóstrannos o seu odio e o seu temor.

Nada novo baixo o sol...
A sociedade está a ser acosada polos desmandos ideolóxicos, con políticas antisociais decretadas por este Goberno. O dereito á protesta que estes gobernantes quere evitar custe o que custe, non consegue máis que facer cada vez máis visible a súa incapacidade para dirixir ao país a "non saben onde" e a súa mediocridade na forma de prohibir a protesta crecente dos que non soportan a insensatez continuada, creando un enorme debilitamento económico da maioría máis necesitada da sociedade, por parte dos que din que son políticos. Creo que, como di no seu artigo Vicenç Navarro (http://blogs.publico.es/dominiopublico/10336/existe-democracia-hoy-en-espana/), "os maiores medios de información e persuasión son conscientes de que xogan un papel clave no sostemento da estrutura de poder económico, financeiro e político do país, cuxo centro hoxe é a Monarquía. De aí que hoxe o totalitarismo deste sistema volva intentar, unha vez máis, controlar que a poboación, os súbditos do Reino, non se axiten e acepten a realidade imposta". Nada novo baixo o sol...

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript