Xuño de 2014
 
 

NÚMERO 237 - 23/06/2014

   CUTUDC / Novidades

  A PREZOS DE SALDO
 

As aves de rapina europeas e asiáticas aprópianse do complexo inmobiliario español

Puidera parecer que non aprendemos nada nestes últimos anos terribles e de novo nos estamos a encamiñar á "revitalización" do mercado inmobiliario...

 

  • Noticias relacionadas

Pero realmente non é iso o que sucede... A verdade é que salvo os casos excepcionais de Euskadi e Cataluña, o capitalismo español historicamente foi incapaz de facer outra cousa que dedicarse ás actividades especulativas e rendistas... Por iso, en lugar de emprender un xiro de 180 graos na economía e tratar de reconvertela nunha economía produtiva, os banqueiros e patróns reandan unha senda xa percorrida, agora vendendo inmobles a prezos de saldo a grandes cadeas inmobiliarias estranxeiras. Desta forma expresábase un reputado economista español fai tan só uns días.
 
E é que, en efecto, o investimento inmobiliario europeo, asiático e norteamericano entrou a saco en España a recoller os froitos do enorme crack dos propietarios españois.
 
O PERFIL DAS NOVAS AVES DE RAPINA
Os novos Investidores inmobiliarios en España teñen orixes asiáticas, especialmente chinesas, e tratan de establecer en España as súas cadeas hoteleiras. Pero non só os chineses os que se apoderan de complexos enteiros ofrecidos a prezos de ganga. Tamén os ingleses, franceses e alemáns adquiren grandes carteiras residenciais, chan ou centros comerciais.
 
Pola súa parte, os banqueiros e inmobiliarios españois non están a poñer reparos á hora de desprenderse de miles de inmobles que lles queiman as mans. Quen ía dicir que chegarían uns días que aqueles que tanto gañaron acumulando riquezas, terminarían ofertando as súas propiedades a prezos de feira. Un inmoble tan emblemático como o Edificio España foi vendido fai ben pouco polo Banco Santander ao magnate chinés Wang Jianlin por 256 millóns de euros. O grupo do empresario chinés, Dalian Wanda, ten previsto construír alí un centro comercial, un hotel e preto de 300 vivendas de luxo, de acordo co que publicou estes días o rotativo socialdemócrata "El País". Pero non é o único exemplo.
 
Só ao longo do pasado mes de abril, efectuáronse en operacións inmobiliarias 700 millóns de euros, unha cifra escandalosamente alta se se ten en conta que no pico da burbulla inmobiliaria o investimento anual alcanzou os 10.000 millóns de euros.
 
Os grandes propietarios de inmobles están a vender a prezo de retallos o testemuño físico dunha loucura que rematou botando á rúa a decenas de miles de familias desafiuzadas

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript