Xuño de 2014
 
 

NÚMERO 236 - 16/06/2014

   CUTUDC / Novidades

  XUSTIZA
 

Sen xustiza, non hai dereitos

Ante o gravísimo ataque que para ós dereitos dos cidadáns supón a reforma que Gallardón pretende facer da LOPX e porque esta reforma culmina unha cadea de reformas lexislativas regresivas, que no seu conxunto supoñen:

 

  • Noticias relacionadas

-Un atentado contra a xustiza de proximidade ao desaparecer os Xulgados de Paz coa reforma da LOPX.
 
-Un afastamento da xustiza da cidadanía coa creación do partido xudicial provincial e a desaparición do resto dos partidos xudiciais.
 
-Un ataque a independencia xudicial: reforma da LOPX e do CGPJ.
 
-Un encarecemento da xustiza: lei de taxas, lei de asistencia xurídica gratuíta, reforma da lei de axuizamento civil, reforma da LOPX.
 
-Un ataque a tutela xudicial efectiva: lei de taxas, lei de asistencia xurídica gratuíta, reforma da xurisdición universal.
 
-Unha mordaza para a liberdade a opinar, protestar ou disentir: reforma do Código Penal, lei de seguridade cidadán.
 
-A privatización do rexistro civil.
 
Porque, en definitiva, este conxunto de reformas lexislativas liquidan o chamado Estado de Dereito piar básico de toda sociedade democrática.
 
Por todo iso chamamos á concentración, o  mércores 21 de xuño, en Vigo ás 12,30 nos Xulgados da Rúa Lalín, e ás 13h, ás portas dos xulgados de Cangas.
 
ALTERNATIVAS NA XUSTIZA GALEGA- CUT
Tfono de contacto: 639 772386 (Pablo Valeiras)

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript