Número 236- 16 de xuño de 2014
 
 

UNIVERSIDADE

Días adicionais derivados da antigüidade e xornada reducida no verán

    Nestes pasados días recibimos infinidade de chamadas e correos nos que vos interesabades, por un lado pola sentenza firme na que se ditamina que se nos deben restituír os días derivados da antigüidade consolidados antes da publicación do Real Decreto-Lei 20/2012 (15 de xullo de 2012). Por outro lado, a publicación o pasado día 11 en La Voz de Galicia, da noticia da recuperación do horario reducido dende o 15 de xuño ao 15 de setembro polos traballadores e traballadoras da Xunta de Galicia.

UNIVERSIDADES

    O goberno, fiel aos principios máis radicais do neoliberalismo que pretende unha universidade elitista á que só poida acceder quen poida pagala, inicia o proceso de declaracións previas á transformación das bolsas en hipotecas.

CONTRA A REPRESIÓN

    Ana Outerelo e Tamara Vidal, profesoras de ximnasia participaron, o 8 de febreiro de 2010, nun piquete de folga pola mellora do seu convenio colectivo. Nesa acción alguén botou pintura á auga e as bancadas da piscina da localidade de Pontemuíños -que xestiona outra empresa- e empurrou o xerente. Elas recoñeceron estar presentes nas protestas realizadas, xunto con outras arredor de 60, pero sempre rexeitaron que fosen elas as que manchasen a auga e que empurrasen o xefe.

OS ABUSOS DA MAFIA BANCARIA

    A axuda pública que o Estado destinou ao sector financeiro dende maio de 2009 ascende a 61.495 millóns, dos que unicamente 1.760 millóns foron devoltos. Logo algúns botan as mans á cabeza cando se fala de "casta" política e económica...

MARCHAS DA DIGNIDADE

    O Parlamento Galego foi secuestrado polas mafias financieiras e, coa principal colaboración do PPSOE, están a roubar o que é do pobo para entregalo aos bancos e ás grandes empresas, moitas das cales instalan portas xiratorias para sentar nos seus consellos de administración aos mesmos que lles favorecen cando gobernan.

MEDIO

    A multinacional da mina de ouro destapa unha conversación na que un cargo da Xunta admite que axudou á empresa a convencer investidores

PROFESORADO CELGA

    O profesorado Celga creou unha petición en Change.org para solicitar que os cursos de galego Celga e de linguaxes específicas sexan impartidos polo profesorado específico, e para que se deixe de precarizar o traballo en lingua. Apóiala? Pois entra aí... asina e comparte!

• OPINIÓN . Isaac Rosa

    Antes de que mo digades, xa mo digo eu: non me gusta o fútbol porque non o entendo; son un infeliz por perderse algo tan grande; síntome superior intelectual e moralmente a vós; son un incoherente e un hipócrita porque teño afeccións e comportamentos que tamén son criticables; son un amargado e un resentido porque quedo fóra do entusiasmo maioritario; son un puto coñazo. Hala, xa mo dixen eu, así non vos quito tempo nin atención que necesitaredes para o non-stop futboleiro das próximas semanas.

    
  •   
 
 XUSTIZA
    Ante o gravísimo ataque que para ós dereitos dos cidadáns supón a reforma que Gallardón pretende facer da LOPX e porque esta reforma culmina unha cadea de reformas lexislativas regresivas, que no seu conxunto supoñen:
 TVG
    A representación do persoal considera que a dirección vulnerou os dereitos ao honor e á intimidade da menor co único obxectivo de subir as audiencias..
 REPÚBLICA GALEGA!
    O pasado mércores, día 11, convocados pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica A Coruña, reunímonos dende organizacións políticas, sindicais, da mocidade, estudantís, movementos sociais e persoas individuais para convocar unha manifestación unitaria baixo o lema GALIZA POLA REPÚBLICA E POLO DEREITO A DECIDIR que sairá da Casa do Mar o vindeiro día 19 ás 20 horas.
 FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
    A Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública ante as declaracións do Consello Interterritorial do SNS da proposta da reforma sobre o aborto non supoñerá "ningún impacto negativo" no sistema sanitario español, ten que sinalar:
 REPRESSOM
    A detençom, no passado dia 3 de junho, de um membro do site lahaine.org e outro do coletivo de fotoativistas Ekinklik.org a raiz da abrangência de uma açom no quadro dos atos de aniversário da okupaçom do Gaztetxe de Iruña, o Euskal Jai, constitui o enésimo ataque aos meios alternativos de comunicaçom, a esses que nom estám dirigidos por nengum poder empresarial, e que nos aproximam de umha realidade que os grandes meios se empenham em ocultar.
 LINGUA - Xurxo Martínez González
    Na cidade, polo xeral, atopamos actitudes positivas cara ao galego entre os castelanfalantes. Actitudes unha miga deterioradas logo da urticaria provocada polos galegófobos que, disque, querían bilingüismo.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      CORRUPCIÓN

       
        CIRCO

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript