Xuño de 2014
 
 

NÚMERO 236 - 16/06/2014

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

Despois da tempestade…
Fai unhas semanas que nos mobilizamos e xa logo parece que foi o ano pasado cando tomamos o Claustro contra os recortes na acción social e, por uns minutos, plantamos cara ao absolutismo reitoral. Temos que darlle continuidade ás reivindicacións, non nos podemos quedar sen facer nada, hai que continuar facendo cousas. Que é dos canosos?. Se hai unha sentenza que recoñece o dereito aos días que tiñamos consolidados cando publicaron o Decreto Lei que nolos eliminaba temos que ir por eles. Ánimo, que non decaia.

 

A constitución
A constitución:o catecismo dos políticos deste pais, cando lles interesa, e que cando vai na súa contra sérvelles para limparse o traseiro. Exemplos patentes e latentes: todos somos iguais ante a xustiza, España é un país aconfesional, o dereito á vivenda, ao traballo,etc,etc,etc..... Resumindo: como a España que viu vir D.Antonio Machado: a que se morre e a que bocexa....así nos vai.

O tratado de libre comercio
Temos que comezar a DIVULGACIÓN NECESARIA na cidadanía que permita que cada cidadán coñecese de primeira man, o que pensa facer cada Partido ante "Este Monstro AntiSocial" que é o que é este TTIP. De non ser así, co oculto e silencioso que están a levar este tema dende USA e a UE, " Vánnola a Meter" e só nos quedará, a posteriori, o tradicional dereito ao pataleo. Iso si, deixaremos aos nosos herdeiros un enriquecemento da pobreza e a maior precariedade laboral para os próximos 50 anos. Está ben seguir o fútbol (a quen lle guste), pero sen que falte atención ao MAIS IMPORTANTE. Pola contra, pagarémolo, tal e como o vimos pagando. Hai que rebelarse XA contra estas formas de escravitude moderna. Ninguén o vai facer por nós (os menos podentes). Un saudín

O medo vai por barrios
Téñennos medo... están acolloados... Pero de verdade.... Saben que se pasaron 7 pobos... E están acolloados co que se lles pode vir enriba... Por iso están mimando á Policía e á GC. Por iso lanzan mensaxes para facernos crer que todo pasou... E É MENTIRA!. Isto esta feito un ermo! Sen ningún futuro... Só o da loita... Política, por suposto (non vaia ser que...)

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript