Xuño de 2014
 
 

NÚMERO 236 - 16/06/2014

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADES
 

O PP quere converter as bolsas en hipotecas

O goberno, fiel aos principios máis radicais do neoliberalismo que pretende unha universidade elitista á que só poida acceder quen poida pagala, inicia o proceso de declaracións previas á transformación das bolsas en hipotecas.

 

  • Noticias relacionadas

A multimillonaria Secretaria de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, Montserrat Gomendio, fixo toda una declaración de intencións sobre o modelo educativo e social que pretende implantar no Estado. A “liberalización” foi o eixo de todos os seus plantexamentos cos ollos postos no modelo británico. Gomendio abriu o debate sobre novos 'copagos' na educación obrigatoria, no financiamento dos estudos universitarios vía préstamos e na autonomía total dos centros á hora de establecer a súa oferta educativa.
 
Continúa a ofensiva contra todo o que vai quedando de público e social no ensino, a universidade é un nicho máis de negocio e, o goberno monicreque do PP, apréstase a entregalo en bandexa aos poderes económicos, como está a facer con outros servizos básicos.
 
Artigo relacionado:
Cada universitario de EE.UU. debe 21.000 euros ao acabar a carreira

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript