Xuño de 2014
 
 

NÚMERO 236 - 16/06/2014

   CUTUDC / Novidades

  CONTRA A REPRESIÓN
 

Contra a sentenza de Tamara e Ana

Ana Outerelo e Tamara Vidal, profesoras de ximnasia participaron, o 8 de febreiro de 2010, nun piquete de folga pola mellora do seu convenio colectivo. Nesa acción alguén botou pintura á auga e as bancadas da piscina da localidade de Pontemuíños -que xestiona outra empresa- e empurrou o xerente. Elas recoñeceron estar presentes nas protestas realizadas, xunto con outras arredor de 60, pero sempre rexeitaron que fosen elas as que manchasen a auga e que empurrasen o xefe.

 

  • Noticias relacionadas

Inicialmente un xulgado do penal condenounas a seis meses de cárcere e a varias multas polos danos ocasionados. Esta sentenza recorreuse, por un lado, por Ana e Tamara pedindo a absolución e por outra, e por outro lado pola Fiscalía de Pontevedra que solicitou a pena máxima en virtude do artigo 315.3 do Código Penal, acusando ás dúas compañeiras de delito contra o dereito dos traballadores, por coaccións durante unha folga, condenándoas a 3 anos e un día de cárcere.
 
O Xulgado do Penal pediu a execución da sentenza contra estas dúas traballadoras. O día 11 de agosto Tamara e Ana xunto cos seus avogados desprazáronse a Madrid para formalizar no Ministerio de Xustiza a petición de indulto que lle corresponde outorgar ao Ministro Gallardón.
 
Consideramos que as traballadoras non son culpables de nada, polo tanto non deberían verse na obriga de chegar ao extremo de ter que solicitar esta medida de graza. Con este criterio seguiremos a apoiar cantas mobilizacións se convoquen para reivindicar a revogación da sentenza
 
O caso de Tamara e de Ana enmárcase dentro do contexto de persecución que dende o goberno e o poder xudicial impón contra calquera acción ou mobilización que reivindique unhas condicións laborais, económicas, sociais ou de vida menos indignas.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript