Xuño de 2014
 
 

NÚMERO 236 - 16/06/2014

   CUTUDC / Novidades

  PROFESORADO CELGA
 

Secretaría Xeral de Política Lingüística. Readmisión do profesorado Celga

O profesorado Celga creou unha petición en Change.org para solicitar que os cursos de galego Celga e de linguaxes específicas sexan impartidos polo profesorado específico, e para que se deixe de precarizar o traballo en lingua. Apóiala? Pois entra aí... asina e comparte!<

 

  • Noticias relacionadas

 
Pressionando Secretaría Xeral de Política Lingüística

Readmisión do profesorado Celga

 
Colectivo Profesorado Celga
Até este ano 2014, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia (SXPL) elaboraba unhas listaxes de “profesorado colaborador” para impartir cursos de preparación das probas Celga e de linguaxes específicas, cuns criterios entre os que estaban o ser demandante de emprego e estar en situación laboral de desempregado.
 
Este profesorado impartía estes cursos sen ningún contrato de traballo e sen estar dado de alta na Seguridade Social. Despois da negativa da SXPL de legalizar e regularizar a situación, denunciouse esta situación nas inspeccións de traballo, que determinaron a existencia de relación laboral por conta allea e resolveron dándoo de alta de oficio na Seguridade Social polos períodos traballados, ao mesmo tempo que lle impuxeron á SXPL unha sanción económica pola súa actuación irregular.
 
No canto de contratar este profesorado para impartir os cursos, a SXPL tomou represalias desfacéndose deste colectivo e ofrecéndolle a impartición destes cursos como horas extras aos profesores con praza pública nos centros de ensino medio.
 
Ademais, queremos denunciar a opacidade e arbitrariedade das actuacións da SXPL na selección do profesorado que este ano imparte e avalía os cursos preparatorios Celga,  así como os cursos de linguaxe administrativa, xa que non se coñecen, por non habelos, os criterios que utiliza.
 
Esta é unha actuación inadmisíbel da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Exiximos que os cursos preparatorios para as certificacións Celga, os cursos de linguaxes específicas en todas as súas modalidades, coas súas correspondentes avaliacións, sexan impartidos polo “profesorado colaborador” da Secretaría Xeral, mediante contrato laboral e alta na Seguridade Social.
 
http://www.change.org/pt-BR/petições/secretaría-xeral-de-política-lingüística-readmisión-do-profesorado-celga?share_id=CQlGewNBRX&utm_campaign=autopublish&utm_medium=facebook&utm_source=share_petition

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript