Xuño de 2014
 
 

NÚMERO 236 - 16/06/2014

   CUTUDC / Novidades

  FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
 

A FADSP rexeita a postura do Consello Interterritorial sobre o proxecto de Lei do aborto

A Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública ante as declaracións do Consello Interterritorial do SNS da proposta da reforma sobre o aborto non supoñerá "ningún impacto negativo" no sistema sanitario español, ten que sinalar:

 

  • Noticias relacionadas

 

1) Existe un consenso de todas as entidades sanitarias de ámbito internacional que sinalan que as serias restricións ao aborto tal e como formula o proxecto de reforma do PP, supoñen un grave risco para a saúde das mulleres porque propician os abortos clandestinos con secuelas de morbilidade e mortalidade.
 
2) A postura adoptada polo CISNS é incongruente, cientificamente errónea e só esta baseada nunha ideoloxía ultraconservadora que pretende impoñerse ao conxunto da poboación. É unha proba mais de que o Ministerio de Sanidade e a maioría do CISNS non son en modo ningún "autoridade sanitaria" e que pola contra as medidas que adoptan supoñen un risco para a saúde da poboación.
 
3) Hai que congratularse da oposición de cinco autonomías de Asturias, Andalucía, Canarias, País Vasco e Cataluña que polo menos, neste tema, demostraron que no CISNS hai alguén que ten coñecementos sobre o sistema sanitario.
 
Polo exposto rexeitamos esta postura do Consello Interterritorial do SNS, así como o proxecto do lei presentado polo Goberno e seguimos reivindicando unha lei de prazos que garanta a realización das IVE na Sanidade Pública
 
Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública
12 de xuño de 2014

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript